A ditadura de Franco

A ditadura de Franco 1. O réxime político franquista 2. A posguerra (1939-1945) 3. O asentamento do rexime (1945-1959) 4. Desenvolvemento económico (1...
23 downloads 0 Views 2MB Size
A ditadura de Franco 1. O réxime político franquista 2. A posguerra (1939-1945) 3. O asentamento do rexime (1945-1959) 4. Desenvolvemento económico (1959-1973) 5. A agonía do franquismo (1973-1975)

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

1. O réxime político franquista •

Unha ditadura militar, un estado confesional.



Os vencedores: os apoios do franquismo.



As vencidas: exilio, represión e censura.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

A ditadura de Franco •

O réxime político creado por Franco durou 36 anos, até a morte do ditador, de 1939 a 1975.



Foi un réxime moi ligado á persoa e á personalidade do ditador.



O apego de Franco polo poder, os grandes apoios cos que contou e a gran represión sufrida polo pobo explican a duración da ditadura.



Franco era xa desde o 1 de outubro de 36 o xefe de Estado e de Goberno, tendo asumido todos os poderes [ver esquema].



As Cortes limitábanse a aprobar as leis do goberno e os seus membros eran nomeados por Franco.



Só existía un partido legal, a FET e das XONS, reunía os vencedores da guerra.



Dereitos e liberdades foron suprimidos.



Reprimiuse duramente toda manifestación política non españolista.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Os vencedores: os apoios do franquismo

 A ditadura tiña o apoio dos mesmos sectores sociais que apoiaran a sublevación militar contra a República.  A vitoria consolida o poder destes grupos e asegura o control sexa do movemento obreiro, sexa dos nacionalismos non españolistas.  Daquela quen se beneficia coa vitoria dos sublevados?  O exército foi a maior garantía para Franco. Por iso, moitos dos seus mandos ocuparon as máis altas responsabilidades do Estado e mais nas empresas propiedades do Estado.  A Igrexa católica beneficiouse moito, porque o novo estado é confesional: volve o ensino católico e suprímese o matrimonio civil.  Terratenentes e grandes empresarios (como Barrié de la Maza), que ven suprimida a reforma agraria e prohibidos os sindicatos. 

 Parte da clase media apoia o franquismo, pola mentalidade conservadora e polo desexo de paz.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

As vencidas: entre exilio e represión  A represión do descontento favorece a continuidade da ditadura.  A refresión atinxe ao bando republicano. As vencidas sofren marxinación social, condenas a traballos forzosos ou son fusiladas.  Vítimas de represión, milleiros de persoas parten ao exilio. Foi unha enorme perda humana e cultural.  Prohibición de linguas diferentes do español.  CENSURA. 

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

2. A posguerra (1939-1945) •

Un goberno de orientación fascista



Unha economía devastada

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Un goberno fascista  Os primeiros anos do franquismo estiveron condicionados pola marcha da II GM.  As simpatías de Franco estaban coa Alemaña nazi: a División Azul apoiará a Alemaña na fronte rusa. Imponse a obrigatoriedade do saúdo fascista.  Este anticomunismo visceral determinará a influencia da Falanxe no goberno. A falanxe, a súa sección feminina e as xuventudes controlan e disciplina a poboación. 

 Porén, as vitorias aliadas, con todo, obrigan a Franco a ser neutral e a partir de 1945 España sofre o illamento internacional.  Franco reacciona impondo a autarquía:  Créase o Servizo Nacional do Trigo e o INI. 

 A represión será moi dura, con milleiros de condeas a morte e a traballos forzados, facendo desaparecer case toda a oposición. Quedarán os maquis como Foucellas ou o Piloto.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Unha economía devastada  Tras a guerra, un gran número de infraestruturas estaban destruídas.  Os campos tardaron varios anos en se recuperar.  O retroceso económico fai as persoas regresaren ao rural.  As cidades están desbastecidas e o Estado impón o racionamento.  Aparece o mercado negro (estraperlo).

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

3. Asentamento do réxime (19451959) •

A ditadura sae da corentena internacional.



O falanxismo perde influencia.



A chegada dos tecnócratas.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

A ditadura sae da corentena  Ao final da II GM, parecía que os Aliados ían intervir en España.  Porén, prefiriuse forzar o cambio político en España mediante o illamento internacional (corentena) da ditadura:  España non é admitida na ONU.  Retirada de embaixadores.  Peche da fronteira francesa.

 A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a invasión.  Con todo, o contexto da Guerra Fría converte a Franco nun firme aliado anticomunista.  A comezos dos 50, España asina un novo Concordato e un Tratado de Amizade cos Estados Unidos: bases militares a cambio de axudas económicas.  En 1955, España entra na ONU.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

O falanxismo perde influencia A derrota nazi supón a perda de influencia dos falanxistas.   A partir de 1945 a maioría de cargos repartiranse entre católicos e monárquicos.   Suprímese o saúdo fascista e as FET das XONS serán o "Movemento Nacional".   A ditadura denomínase "ditadura orgánica".   En 1951 voltan as folgas e hai importantes disturbios nas universidades en 1956.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

A chegada dos tecnócratas  A partir dos anos 50, a economía española volve aos niveis de preguerra.  Suprímese o racionamento; así e todo, mantense a autarquía.  A finais da década de 50, o país estaba ao borde da bancarrota.  Chegan ao goberno persoas vinculadas aos católicos do Opus Dei, técnicos que estudaran nas universidades norteamericanas.  Os novos dirixentes propoñen un Plan de Estabilización en 1959:  Estabilízase a moeda.  Facilítase a creación de empresa privada.  Permite a entrada entrada de investimentos estranxeiros.  Redúcense os aranceis,

 Abandónase a autarquía. España aproxímase ao capitalismo liberal. Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

4. O desenvolvemento económico (1959-1973) •

Cambios económicos



Cambios demográficos



Cambios sociais

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Cambios económicos  Entre 1960 e 1973 prodúcense os seguintes cambios:  A produción industrial chega a aumentar máis dun 7% nalgúns anos.  Expansión dos servizos, nomeadamente o turismo, unha das principais actividades económicas do país.  A agricultura mecanízase: aumenta a produción agraria, aumenta o paro e o éxodo rural ás cidades.

 Este crecemento foi apoiado polo investimento estranxeiro, que buscaban man de obra de obra barata e poucos impostos.  Os emigrantes e os turistas eran unha importante fonte de divisas.  Porén, o crecemento foi desequilibrado: para o remediar créanse os "Plans de Desenvolvemento". Así e todo, Madrid, barcelona, País Vasco e Levante concentrarán as actividades económicas.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Cambios demográficos  O cambio económico provoca un gran aumento da poboación.   O baby boom acompáñase dun éxodo rural.   España convértese a partir dos 60 nun país urbanizado, máis parecido aos da contorna.   As cidades, con todo, carecen de infraestruturas suficientes.   A industria e os servizos non absorberon toda a man de obra, o que provocou que nestes anos 2 millóns de españois tivesen que emigrar.   A emigración foi estimulada polo Goberno. Centos de miles de galegos e galegas emigran entre os anos 50 e 60 (a América primeiro e a Europa, despois).

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Cambios sociais  O éxodo rural marca o início da fin da cultura tradicional galega.  A expansión económica dos 60 converte España nunha sociedade de consumo.  Popularízanse obxectos (televisión, coche, lavadora) na vida cotiá.  As novas actividades económicas exixen unha mellora da formación (máis banqueiros, proletariado cualificado, profesións liberais, etc.)  A educación obrigatoria extendese até os 14 anos.  O turismo trae novos valores, aires de liberdade.  A ditadura modera a represión.  A Lei de Prensa elimina a censura previa, aumenta a liberdade de expresión

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

5. A agonía do franquismo (19731975) •

A reorganización da oposición



Crise final do réxime



Breve balance

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

A reorganización da oposición  Os cambios socioeconómicos reflíctense nun aumento da oposición.  A partir do 56, o PCE cambiara de estratexia, aposta pola reconciliación nacional.  En 1962, a oposición toda reúnese en Munique (o "contubernio")  Anos máis tarde, créase a "Xunta Democrática" e a "Plataforma de Converxencia democrática".  Na Galiza, os 60 son anos de lotas campesiñas; créanse novos partidos (PSG, UPG) que retoman o legado do PG de Castelao.  No tardofranquismo nacen novas formas de oposición:  Movemento estudantil  Movemento veciñal  Movemento sindical (as C.C.O.O)  Terrorismo de ETA, GRAPO E FRAP.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Crise final do réxime  A crise económica do 73 provoca:  Inflación  Paro  Descenso na entrada de divisas.  Retorno da emigración, e por tanto máis paro. 

 En definitiva, os 70 son anos de descontento social: aumentan as folgas e a represión.   ETA contribúe a acelerar a crise ao matar o presidente do goberno, Carrero Blanco.   O réxime promulga condenas a morte mentres entrega o Sahara a Marrocos (a raíz da "Marcha Verde").

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Breve balance  A ditadura franquista durou 36 anos polo gran apoio dunha parte da poboación e tamén polo prolongado labor de represión.  Os cambios sociais provocados pola mellora da economía puxeron de manifesto o anacronismo que supuña o franquismo.  A pesar da propaganda, a ditadura consolidara as desigualdades entre españois.  Aumentou certamente o nivel de renda, mais deixouse desprotexida a clase traballadora, precisamente a que perdera a guerra, mentres se enriquecían, a custo do Estado, as clases altas.  Frente ao nivel cultural dunha minoría, contrastaba o baixo nivel cultural da maioría, o que incrementaba a dependencia do estranxeiro.  Finalmente, un réxime tan personalista estaba condenado ao morrer o ditador.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas