O jazz O jazz aparece en Estados Unidos, mais concretamente en Nova Orleáns, estado de Lousiana en 1803,data na que os estados Unidos compran aos franceses o estado de Lousiana. Nova Orleáns esta situada na desembocadura do río Misisipi xunto ao océano atlántico, o que converte a Nova Orleáns nun centro de comercio marítimo e fluvial. A poboación sempre esta preparada para a diversión, o crime, a droga e a prostitución están ao alcance de calquera e por este motivo proliferan os bordeis e bares onde non pode faltar a música, J.Story obriga a todos os prostíbulos e bares nunha zona que se chama Storyville, zona que só era visitada por xente de cor e os crioulos do lugar. Dentro do barrio haberá dúas zonas, Uptown onde vive a xente de cor e Downtown os crioulos de lingua francesa, en ambas as zonas, proliferan as bandas sendo os de vento os instrumentos mais solicitados pola súa potente sonoridade. En 1917 as autoridades clausuran Storyville perdéndose un dos grandes centros do jazz situándose en Chicago establecéndose outro centro posteriormente no barrio negro de New York chamado Harlem. Elementos ou calidades que definen o jazz: •

Un dos seus elementos máis importantes é a improvisación.



Hai dous tipos de instrumentos. Os melódicos que son o saxo, o clarinete, a trompeta e a corneta. Os instrumentos rítmicos son o piano, o banjo, o contrabaixo e a batería. Toda a banda de jazz ten que ter un mínimo de tres instrumentos e un máximo de toda a orquestra.

Partes que integran o jazz: •

Espirituais negros: Son cantos litúrxicos creados polos escravos e os seus descendentes como expresión da dor daqueles que perderon a súa patria e a esperanza de volver atopala. Musicalmente ten forma *responsorial, é dicir, dialogo entre un solista e un coro.



Blues: Son cancións de carácter melancólico nas que se narra as dificultades sociais e económicas polas que atravesa a vida dos negros. Eran cancións interpretadas por mulleres acompañadas por un banjo ou unha guitarra. A

primeira cantante de blues foi Ma Rayne, case sempre era acompañada por Louis Amstrong, a esta substituíuna Bessie Smith cuxa obra máis famosa é “O blues de San Louis” e a esta substituíuna Billie Holliday. •

Cantos de plantación: Son os levados polos escravos para facer máis levadío o seu traballo, adoitan ser improvisacións que toman como modelo o canto dos brancos e cuxa característica mais destacada é a súa forza rítmica que a fan coincidir cos movementos de traballo.



Ragtime: Música que tivo a súa orixe no interese dos pianistas negros, de clase media e con certos coñecementos de música clásica para copiar ás bandas de música. Baséase nun ritmo moi vivo tendo todas as cancións unha estrutura de catro temas musicais de dezaseis compases en total que se repiten tres veces e terminan cunha cada catro compases. O principal compositor é Scott Joplin. A pesar de ser unha música popular, os músicos de ragtime consideran que están ao mesmo nivel que calquera compositor de música clásica.

Principais interpretes de jazz: •

Louis Amstrong: Naceu en Nova Orleáns en 1900 e morreu en New York en 1971. Empezou tocando unha corneta e terminou tocando a trompeta, cando se clausurou Storyville, Louis Amstrong foise empregar nunha banda funeraria (cando levaban ao morto a enterrar tocaban cancións relixiosas e de carácter lacrimóxeno, e cando xa o enterraron, cancións alegres). Despois ingresou na banda de King Crede e chamábase Cróele Jazz Band, onde tiña o papel de 2º corneta. Pasou á posteridade como un dos máis grandes trompetistas do jazz.



Duke Ellington: Naceu en Washington en 1899 e morreu en New York en 1974, foi xunto a Amstrong a figura máis destacada do jazz, gran pianista, traballou principalmente como compositor e como director de orquestra.



Ela Fiztgerald: Naceu e morreu en New York, cando era pequena cantou nos coros eclesiásticos ata os 18 anos, idade na que empezou a cantar nunha banda de jazz xunto a Amstrong e posteriormente tamén traballou con Duke Ellington.



Outros compositores: B.B.King (blues), Miles Davis (trompetista), Benny Goodman (clarinetista).

Músicas que derivan do jazz: Na segunda metade do s. XX aparecen novos estilos: •

Swing: Créase no 1939-1945 caracterízase por ritmos bailables, polo emprego da batería como instrumento solista e pola substitución de temas folclóricos por outros mais elaborados, naceu en Kansas City e o principal compositor é Benny Goodman.



Bop: Aparece na segunda guerra mundial e caracterízase pola liberdade que teñen os solistas que teñen ritmos complicados levados sempre polo baixo coa colaboración de timbais e tambores, aparece tamén en Kansas e o principal compositor é Gillespie.



Cool: Aparece como unha reacción ao estilo violento anterior con melodías e ritmos moi sinxelos, o principal interprete é Miles Davis (trompetista).



Progresivo: Considerado como a ultima derivación do jazz, busca o desenvolvemento ata o limite dos efectos de son con grandes orquestras, destaca Charlie Parker.

A partir dos 60 os gustos do publico decántanse cara ao rock, os artistas de jazz búscanse orquestras máis comerciais. O jazz influíu en compositores clásicos como Gershwin na súa obra “Rapsodia in blue” e “Un americano en París”.

Rock and roll O rock and roll é a mestura de dous tipos de música: música negra aportada polo ritmo do blues e a música branca achegada polas melodías campesiñas do country. Aparece a mediados dos 50 en EEUU e do mesmo xeito que no jazz, é creada polo negros pero son os brancos quen se apoderan do invento e apoiados por unha estrutura económica, industrial e comercial convértese en abanderados do novo estilo. Supón a primeira cultura musical estritamente xuvenil. Características do rock: •

Baséase no ritmo do blues e da música country.



O músico de rock ten xa unha información de conservatorio.



Hai unha intención explícita de romper coa maneira tradicional de facer música.



Este tipo de música válese de todos os medios técnicos achegados pola electrónica como a guitarra eléctrica, o órgano eléctrico e a batería.

Principais compositores: •

Chuck Berry



Ray Charles



Elvis Presley

Década dos 60: •

POP: O termo pop é un termo ambiguo que designa a toda a música comercial de ampla difusión entre a mocidade. Xorde en Europa e combina unha melodía de calidade, cuns arranxos coidados, unhas voces impecables, unha estética rebelde e o son do rock que imperaba eses anos. Beatles (Lennon,Rigo Star, Mcartney e George Harrison) xorden en 1962 en Liverpool e os Rolling Stones (Mick Jagger) con son máis violento, sendo as súas actuacións unha continua provocación.



FOLK: Está moi influenciada pola época hippie, caracterízase polo seu carácter reivindicativo contrario á guerra de Vietnam e á sociedade americana da época que inflúe nos músicos que dan mais importancia á mensaxe da canción que a outro tipo de consideracións musicais. Cando o folk mestúrase co rock dá lugar ao folk-rock a mensaxe das cancións é paz e non violencia. Aparecen os macroconcertos, o máis importante é o Woodstod que dura tres días. Destacan Bob Dylan e Joan Báez.



MOD: Quere dicir modernista, nace en Inglaterra.Os mods son novos obreiros moitos deles no paro e que viven nos suburbios das cidades inglesas, a música é estrondosa, as guitarras eléctricas amplifícanse ao máximo, as baterías adquiren gran importancia e na melodía destacan os “riff” que son motivos melódicos que se repiten constantemente. O texto reflicte desesperanza cara ao futuro. É música pouco comercial e violenta. The Who foron os primeiros que rompían os instrumentos despois dunha actuación.



SOUL: Xorde como protesta dos negros ante a sociedade racista americana, ten unha técnica vocal herdada do Gospel, cunha voz vigorosa e expresiva acompañada a base de “riff”. Steve Wander e Aretha Franklin son os máximos interpretes. Esta música perdurou pola súa calidade vocal, as súas coidadas melodías e os seus arranxos acertados e sen estridencias.

Década dos 70:caracterízase pola protesta contra os estilos anteriores. •

ROCK DURO: segue o ronsel da música mod inglesa como o extravagante, o estrondoso, a distorsión das guitarras, os riff constantes, son as características destes estilos. Destacan Deep Purple, Led Zepellin, Iron Maiden e AC/DC.



ROCK PROGRESIVO: a base do son constrúese a partir de teclados electrónicos, buscan sempre a máxima calidade na interpretación. Destaca Pink Floyd.



PUNK: Durou poucos anos pero a súa estética perdura ata os nosos días, caracterízase pola falta de melodía, a exaltación do berro e canto máis agudo mellor, critica á sociedade, o son duro e a importancia dos instrumentos

amplificadores ao máximo e que apenas deixan escoitar a voz do cantante. Destacan os Sex Pistols. •

REGGAE: Aparece en Xamaica e esta relacionado coa relixión rastafari, esta música esta marcada pola importancia do baixo que toca un único motivo melódico chamado riff, esta escrito nun compás de 4/4 que acentúa a segunda parte e a cuarta, utiliza abundantes polirritmias, o tempo é lento e monótono. Destaca Bob Marley.



GLAM ROCK: Combina a boa música coa teatralidade no escenario. Destaca Elton John, Queen con Freddy Mercury, David Bowie, e Rod Stwart.

Década dos 80: •

NEW WAWE: Caracterízase polo regreso ao espírito dos 60, á sinxeleza compositiva pero con novas propostas sonoras, liñas melódicas moi definidas, as guitarras escóitanse de forma moi clara e aparecen reforzadas polos sintetizadores. Utilízanse percusións de novas caixas de ritmos programadas. Destacan U2 e Police con Sting.



MUSICA DISCO: Música bailable que enche as discotecas durante toda a década. Esta reforzada por películas como “Febre do sábado noite” (John Travolta). Nesta música cabe todo o que teña un compás binario e dedícanse moitos artistas porque é algo que xera moitos beneficios. Destacan Diana Ross e Abba.



FUNK: Música de baile, utiliza sintetizadores e caixas de ritmos, ten un ritmo constante realizado polo baixo e as guitarras a modo de riff. Cantantes de raza negra e destacan Michael Jackson e Prince.



RAP: Nace no Bronx e en Harlem, caracterízase por frases faladas, ritmo trepidante e unha entoación peculiar. Imponse a moda de gorras de béisbol e a roupa ancha. Destacan Sugar Hill Gang, Afrika Bambaata and The Soul Sonic, Grandmaster Flash and the Furious Five, Tupac Shakur, 50 Cent, Dr. Dre, Notorious B.I.G. e Eminem.



HOUSE: É unha evolución do rap que consiste nun traballo técnico mais que musical. Os computadores e sintetizadores muestrean todo tipo de música e mestúrana cunha boa dose de ritmo constante. O feito de poder creala na túa propia casa deulle ese nome.

Década dos 90: •

Bacalao: Música máquina, ten as súas raíces na música tecno e o disco. O seu destino é a discoteca. Destacan os DJ`.