Igrexa parroquial de San Salvador Datos de Localización Nomenclator:

3208207

Coord. UTM:

X: 614771

070082 Igrexa

Y: 4649780 Concello:

Trasmiras

Parroquia:

VILAR DE LEBRES

Lugar:

Vilar de Lebres

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Denominación:

Igrexa parroquial de San Salvador

Etapa Histórica:

Baixa Idade Media

Estilo relevante

Románico

Outros Estilos:

Popular

Descrición: A un quilómetro do núcleo de Vilar de Lebres, sitúase esta igrexa, en orixe románica con engadidos posteriores, de pequenas dimensións. Consta dunha nave e unha ábsida de planta rectangular, con paramentos de perpiaño e cuberta de tella a dúas augas. A fachada principal ten unha portada con arquivoltas decoradas con motivos xeométricos e de zigzag, que se apoian sobre columnas con capiteis vexetais e de animais. Destaca a liña de imposta con follas e cruces inscritas en círculos. O remate superior en espadana dun so arco, coroado por unha cruz. A nave da edificación ten unha cornixa ornada con bolas. No lateral esquerdo, hai outra porta con arco de medio punto e abucinada. Este mesmo esquema repítese no outro lateral, pero a porta está tapiada. No testeiro atópase un vano con arquivolta simple e moldura vexetal que descansa en columniñas con capitel tamén de motivos vexetais. A cornixa da ábsida, destaca pola serie de canzorros de variada representación, sendo moi salientables os figurados. Varios sillares da fachada principal e do lateral dereito, presenta gravados de cálices. No interior, o chan está composto na súa totalidade por tumbas. Seguindo o modelo de igrexa parroquial, ten un adro e camposanto circundados por un muro de sillares e a parte traseira dos propios panteóns. CHAMUSIÑOS, Santa Baia 41.6.5. Visitas (1679-1827). Fol.42, 1718. Visita "en la de Villar de Liebres haga un colateral correspondiente al otro" Fol.69v., 1779. "En la de Villar de Liebres [...] reparese el retablo que esta caiendo". 41.6.7. Sen Fol.,1779. "Los vecinos dela feligresia de san Salvador de Villar de Liebres [...] que ellos han reparado de su quenta las paredes del Cuerpo de la Yglesia [...] avian costeado no solo en reparar dichas paredes sino en el arco rectoral. Sen Fol.v. Idem "la obra de canteria fue ajustada en 800 rls pero que haviendo tenido por conveniente revajar los dos lienzos de pared de dicho cuerpo por demasiado altos y amenazar alguna ruína, vendieron la piedra, que sobró, al mismo maestro, que entendia en dicha obra en 200 rls". Fol.12, 1690-1699, "121 rls que se dieron a los canteros que allanaron la iglesia i compusieron las gradas del altar

Igrexa parroquial de San Salvador

070082

maior". Fol.28v., 1739 "para redificar la capilla maior los canteros llevaron 1640 rls". VILAR DE LEBRES. Libro 41.18.1. Fol.21v. Nos primeiros anos do s. XVIII cerráronse con pedra as portas traviesas. Fol.26. Visita 1712. Manda que se pechen as dúas portas traviesas que hai no corpo da igrexa. Fol.49. Calcúlanse os ingresos dos anos 1775, 1776 e 1777 e do ingresado dise que rebaixanse 800 reales "... Por haverse empleado en la fabrica de las paredes del cuerpo de ella, como tambien los Nuebezientos del Ymporte del techo..." Fol.50v. Ven unha relación de contas da igrexa pero sen data. Mandáronse facer trala visita de 1779 pola confusión que hai no axuste das mesmas. "Mas: es data, que se le admite setecientos, y ochenta reales que costeo de quenta del caudal de Primicias para techar la Iglesia, que debe ser de quenta de los vezinos". Fol.57v. Contas tomadas a Manuel González. Depositario dos caudais da igrexa que sucedeu ao anterior Jose Feijoo. Estas contas estan tomadas no ano 1785. "Ytem se le haze cargo de otros nuebecientos y veinte reales que igualmente han consumido en la reedificacion de las Paredes del cuerpo de la Iglesia, cuia cantidad incorporada con los setecientos, y ochenta reales del techo componen los mil y setecientos reales que en el auto de visita, que fue de orden de S.S.I. Hizo en esta feligresia Don Josef Francisco Verea Abad que al tiempo era de San Martín de Abavides, y actualmente lo es de San Pedro de Laroa, su feligresia veinte y uno de henero de mil setezientos setenta y nuebe... Se manda que el depositario cobre de los feligreses de Villar de Liebres los dichos mil setezientos reales prorrata de las Paredes, y techo..." F.65v. "De los setezientos y ochenta reales que estan a cargo de los vezinos de Villar de Liebres, Vilarchao, Serralleira, y Silvaoscura, por haverles gastado de el caudal de la Yglesia y empleado en la obra del techo, como consta de las quentas antezedentes..., entregaron, y pagaron dichos vezinos haviendo hecho reparto de dicha cantidad, por mano de Josef de Castro vezino de la Serralleira, depositario nombrado para este efecto por ellos mismos, es asaver entregaron a Don Pedro Garcia vezino de Villamaior de la Gironda maestro tallista, que travajó el retablo maior de dicha Yglesia setezientos cinquenta y nueve reales de vellon los mismos que el dicho maestro confiesa haver rezivido..." Firmada la nota o 3 de Sept de 1789. BIBLIOGRAFÍA: -HERNANDEZ FIGUEIREDO, J. R. (Dir.); As parroquias do Concello de Trasmiras. Un achegamento ao mundo rural da Baixa Limia.. Zamora: Ed. Monte Casino, 2006. pp.171-173. DOCUMENTACIÓN: -Ficha de inventario del patrimonio arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura. -A.H.D.OU. CHAMUSIÑOS, Santa Baia. 41.6.5. Visitas (1679-1827). VILAR DE LEBRES. 41.18.1.

Características Construtivas Plantas:

Baixa

Edif. Anexas: Mat. Fachada:

Granito

Mat. Estrutura:

Granito e madeira

Mat. Cuberta:

Tella

Elementos singulare Construtivos:

Arquivoltas na fachada principal e no vano do testeiro da ábsida. E as arcadas das portas laterais, a dereita tapiada. Canzorros na cornixa da ábsida.

Decorativos:

Fachada principal: arquivolta con motivos en zigzag; liña de imposta con cruces inscritas en círculos; capitel esquerdo con decoración figurada de dúas aves enfrontadas e o dereito, con follas lonxitudinais. Testeiro da ábsida: arquivolta con zigzag e capiteis vexetais.

Igrexa parroquial de San Salvador

070082

Cornixa da ábsida, canzorros antropomorfos (un home cabeza abaixo), zoomorfos (verrón, équido, boi, etc.), vexetais e fantásticos (metade home, metade animal, aínda que esquematizado). Fachada principal e lateral dereito, motivo de cáliz gravado.

Delimitación do Ben e da contorna Situación:

Outros

Area de Proteción:

100 m.

Proteción Inventariado

Tipo de ben: Proposta de tipo de ben: Estado de Tramitación:

Declarado

Nivel de Protección Arq.:

Integral

Proposta Nivel de Protección Arq. Grao de Protección Arq.:

-----

Proposta Grao de Protección Arq.

-----

Xustificación da Protección: Titularidade Polígono: Parcela:

Conservación-Intervención Estado de Conservació

Bo

Uso Actual:

Relixioso

Alteracións Morfolóxicas Tipo: Data: Descrición: Proxecto: Axentes: Observacións:

Bens Mobles

Na fachada principal hai unha placa de mármore, correpondente a unha sepultura. Os canzorros e os capiteis, están bastante deteriorados.

Igrexa parroquial de San Salvador

070082

Igrexa parroquial de San Salvador

070082

Igrexa parroquial de San Salvador

070082

Igrexa parroquial de San Salvador

070082

Igrexa parroquial de San Salvador

070082

Igrexa parroquial de San Salvador

070082

Igrexa parroquial de San Salvador

070082

Igrexa parroquial de San Salvador

070082

Igrexa parroquial de San Salvador

070082

Igrexa parroquial de San Salvador

070082