FESTAS DE AGOSTO SADA 2009 LUNS DÍA 3: •

Na praza de San Roque ás 20:30 h : DANZA TRADICIONAL a cargo da agrupación cultural “A Meda” do Castro: Tradición, baile e ritmos galegos ao son das gaitas animará a tarde dos que se acheguen ó centro de Sada, que será tamén centro de folclore galego.

CONCERTOS DO “ROCK NA RÚA” DO MARTES 4 Ó VENRES 7: • Na terraza da Sociedade ás 21:30 h di día 4 DE AGOSTO: concerto dos grupos “Miscelánea” e “Ruta 77” . •

No porto de Sada ás 21:30 h do día 5 DE AGOSTO: concerto de “Eotem” •

Na rúa do Río ás 21:30 h do 6 DE AGOSTO: concerto de “Capitán Morgan”

• Na segunda travesía da Obra 7 DE AGOSTO: actuación de “Les Xiaders”

ás 21:30 h do Bastardes” e “The

SÁBADO 8: •

IV CONCURSO DE CANS MESTIZOS. No Paseo Marítimo, ás 17:00 h CONCURSO DE CANS MESTIZOS que xa se está convertindo nunha cita tradicional no verán sadense. Organiza a Asociación Protectora de Animais ”Gatocán”



SADAUTOR: No Curruncho a partir das 20:30 h. Poderase disfrutar das actuacións de París Joel, Pedro Alisedo e Juan Aparicio, Pablo Rubén Fernández, Cesar de Centi e Carlos Bao.

DOMINGO 9: •

No campo de futbol da Sociedade ás 12:00h. ESPECTÁCULO ECUESTRE INTERNACIONAL. Xinetes de distintos lugares de España e Portugal ofrecerán un espectáculo de doma con acompañamento musical. Os cabalos lucirán habilidades difíciles de crer.

MARTES 11: •

Na Praza de San Roque, ás 20:30 h. TÍTERES a cargo da Cía. “CACHIRULO” coa obra “TÍPICO TÓPICO”, un espectáculo de marionetas que combina a música e o humor e nos trasladará a escenarios incribles coa imaxinación: unha praza de touros, un tablao flamenco, un grupo de turistas japoneses… achégate a rir coa parodia dos costumes máis típicos e tópicos.

MÉRCORES 12: •

Na praza de San Roque a partir das 20:30 h. PISTA CATRO presenta o espectáculo “Ringorrango”, unha actuación con circo, ritmo, música, malabares e moito humor que conseguirá que o público se sinta protagonista e participe, se sorprenda, se ilusione e ría sen parar.

XOVES 13: Na Praza de San Roque, a partir das 20:00 h. A volve a maxia da man do Mago Martyn cun espectáculo que deixará abraiados a todos os que se acheguen a esta cita. VENRES 14:

No porto de Sada, a partir das 21:30 h. TEATRO DE RÚA coa Compañía Os “QUINQUILLÁNS”. Animación e festa cun espectáculo de rúa de calidade, unha invasión de creatividade que fará as delicias de nenos e maiores.

SEMANA GRANDE SÁBADO 15:

SEMANA GRANDE. FESTAS EN HONOR A SANTA MARÍA. • •

11:00h. Alboradas a cargo da asociación San Martiño de Meirás. 12:30h. Misa Cantada en honor a Santa María a cargo do Coro da Sociedade de Sada. Igrexa Nova de Sada. • 20:00h. Pregón na Casa da Cultura “Pintor Lloréns” a cargo do actor sadense Fernando Morán. • 20:30h. Encontro de Habaneras na Casa da Cultura “Pintor Lloréns” coas Corais de: o Sociedade de Sada. o Agra das Arcas. o Coral de Veigue. o Coral de San Martín de Meirás. o Coral da Lembranza. •

22:30h. Verbena a cargo da orquestra “VERSALLES”, na Praza dos Irmáns Suárez Picallo.

DOMINGO 16:

SEMANA GRANDE. FESTAS EN HONOR A SAN ROQUE. • • • •

11:00h. Pasarrúas a cargo do grupo da MEDA DO CASTRO. 12:30h. Misa cantada ao cargo do Coro Municipal “Agra das Arcas”. 13:00h. Procesión. 17:00h. e ata as 23:00h. achegarase a Sada un trailer co Roadshow “Vivamos como galegos!”, no que todos e todas os que se acheguen

• •



poderán participar na grabación dunha escea publicitaria e levarse algúns agasallos veraniegos. Espectáculo patrocinado por GADISA 18:00h. Campeonato de Petanca. Trofeo Cidade de Sada nas Pistas Deportivas Municipais (Paseo Marítimo). 19:00h. Festa dos Maiores: o 19:30 Actuación da Banda Municipal de Música. o 20:30 Actuación do Coro Municipal “Agra das Arcas”. 22:30h. Verbena a cargo da orquestra OLYMPUS na Praza dos Irmáns Suárez Picallo.

CONCURSO INFANTIL DE PESCA (DE 7 A 17 ANOS) No Porto de Sada, no dique de abrigo a partir das 10:00 h. Do domingo, 16, Concurso de Pesca . Inscripcións en PESCAMAR SADA na Avda. do porto nº16 ou chamando ao Tfno. 981 622 380

LUNS 17:

SEMANA GRANDE. FESTAS EN HONOR A SAN MAMEDE. • • • • •

11:00h. Pasarrúas a cargo da banda de gaitas da Asociación San Martiño de Meirás. 12:30h. Misa cantada a cargo do coro parroquial. 17:00h. Festa infantil con hinchables e Festa da Escuma no Paseo Marítimo de Sada. 20:00h. Actuación da Banda Municipal de Música de Sada. 22:30h. Verbena a cargo da orquestra PARÍS DE NOIA na Praza dos Irmáns Suárez Picallo.

MARTES 18:

SEMANA GRANDE. DÍA DA SARDIÑADA.

• • • • •

11:00h. Pasarrúas a cargo do grupo da Asociación A MEDA DO CASTRO. 17:00h. Sardiñada no Curruncho acompañada polos sons das gaitas. 19:00h. Música a cargo da agrupación Queiroa. 22:30h. Verbena a cargo da orquestra XENTE NOVA na Praza dos Irmáns Suárez Picallo. 00:00h. Sesión de lumes de artificio.

MÉRCORES 19 DE AGOSTO: FESTA DA CERVEXA No Curruncho, dende as 13:00h. celebrarase esta nova edición que encherá a zona de alegría e música a cargo de grupos locais. Haberá churrasco e sardiñas para pasar o día, e, por suposto, moita cervexa para aguantar as calores do verán. DOMINGO 23 AGOSTO: VII FESTA GASTRONÓMICA BRANQUIAZUL •

12:00 PARTIDO DE FÚTBOL ENTRE A “SELECCIÓN DE SADA” E O “DEPORTIVO B”.

• o o o

14:00 FESTA GASTRONÓMICA NO CURRUNCHO: CHURRASCADA MEXILLONADA ACTUACIÓNS MUSICAIS



PREGÓN A CARGO DE JOSÉ LUIS RIBERA