SANTIAGO DE COMPOSTELA
www.compostelacapitalcultural.org
EN EL ESTANQUE DORADO
Ethel Thayer / Lola Herrera Norman Thayer / Héctor Alterio Chelsea Thayer / Luz Valdenebro Bill Ray / Camilo Rodríguez Billy Ray / Adrián Lamana Magüi Mira dirección
Ernest Thompson teatro Pentación Espectáculos Madrid
español 90’
Coñecida mundialmente ao través da película de 1982 protagonizada por Katherine Hepburn e Henry Fonda, The Golden Pond foi traducida a máis de 30 idiomas e producida en máis de 40 países dende a súa estrea en Broadway en 1979. E agora, En el estanque dorado chega por primeira vez aos teatros españois co protagonismo de Lola Herrera e Héctor Alterio, dous grandes que suben por primeira vez xuntos aos escenarios… En palabras da directora Magüi Mira, con Lola Herrera e Héctor Alterio a emoción está servida… a bágoa e a risa. Norman e Ethel Thayer son un matrimonio de anciáns que chegan á súa casa de verán en Maine, que necesita ser reparada, e comenzan a advertir algúns indicios de que Norman está a ter problemas coa súa memoria... “Unha valiosa reflexión sobre o difícil que é conseguir relacións positivas. A calquera idade. En calquera momento…” (Magüi Mira).
Gabriel Carrascal escenografía José Manuel Guerra iluminación David San José música orixinal Rodrigo Claro vestiario Emilio Hernández versión Jesús Cimarro produción
AUDITORIO ABANCA XOVES 15 XANEIRO
20.30
VENDA ENTRADAS 25 € (patio butacas) 22 € (anfiteatro 1) / 20 € (anfiteatro 2)
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio ABANCA (día do espectáculo, a partir 18.30 h)
EL NOMBRE DE LA ROSA
Guillermo de Baskerville / Juan Fernández Adso de Melk / Guillermo Barrientos Remigio da Varagine e outros / Pedro Antonio Penco Abad Abbone / David Gutiérrez Jorge de Burgos / Kandido Uranga Malaquías de Hildesheim e outros / Jorge Mazo Salvatore / Cipri Losada Ubertino da Casale e outros / José Mari Asín Bencio | Bernardo de Gui / Miguel Munárriz Berengario da Arundel e outros / Javier Merino Severino da Sant’Ernmerano e outros / César Novalgos Joven mendiga e outros / Inma Pedrosa Garbi Losada dirección
Umberto Eco teatro / drama / suspense Ados Teatroa San Sebastián Tres Tristes Tigres Logroño La Nave Producciones Madrid Al Revés Producciones Cáceres español 90’
El nombre de la rosa (1980) é a primeira novela do italiano Umberto Eco, quen confesa que a escribiu ao descubrir, en idade madura “aquilo” sobre o cal non se pode teorizar, “aquilo” que hai que narrar. O que narra o autor son as peripecias de frei Guillermo de Baskerville e o seu alumno, Adso de Melk, mentres tratan de desentrañar unha serie de estrañas mortes que se suceden nunha abadía beneditina no século XIV... peripecias que tanto éxito tiveron na versión cinematográfica de Jean-Jacques Arnaud protagonizada por Sean Connery. Coa Idade Media como pano de fondo, El nombre de la rosa é unha orixinal mestura de relato detectivesco e novela culta con apaixonante trama, chea de golpes de efecto, e portentosa reconstrución dunha época, das súas diversas formas de pensar e os seus conflitos.
José Antonio Vitoria Garbi Losada adaptación
AUDITORIO ABANCA SÁBADO 24 XANEIRO
21.00
VENDA ENTRADAS 22 € (patio butacas) 20 € (anfiteatro 1) / 16 € (anfiteatro 2)
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio ABANCA (día do espectáculo, a partir 18.30 h)
CONVERSACIONES CON MAMÁ
Mamá / María Galiana Juan / Juan Echanove Juan Echanove
Santiago Carlos Oves teatro Pentación Espectáculos La Llave Maestra Focus Madrid español 90’
director
Mamá ten oitenta e dous anos e o seu fillo Jaime, cincuenta. Ambos os dous viven en mundos moi diferentes. Jaime ten muller, dous fillos, unha fermosa casa, dous coches e unha sogra que atender. Mamá arránxallas soa e soporta a súa vellez con dignidade. Pero un día acontece o inesperado; a empresa para a que traballa Jaime déixao na rúa por razóns de reaxuste de persoal. A lamentable situación lévao a decisións drásticas porque non pode manter o seu tren de vida... Juan e a súa nai conversan durante hora e media dun espiñento tema que nos provoca risas e emoción... Juan Echanove fálanos da necesidade que sentiu, en canto leu o texto de Santiago Carlos Oves, de levar a escena, protagonizar e dirixir Conversaciones con mamá... Y de compartir este traballo con María Galiana. “Creo firmemente na tenrura e o sentido do humor como factores decisivos para conseguir ese ansiado reverdecer tan necesario nesta nosa sociedade que cada vez debe máis á xente maior... “ (Juan Echanove)
Jordi Galcerán versión Juan Gómez Cornejo iluminación Ana Garay escenografía e vestiario Jesús Cimarro produción
AUDITORIO ABANCA DOMINGO 1 FEBREIRO
20.00
VENDA ENTRADAS 25 € (patio butacas) 22 € (anfiteatro 1) / 20 € (anfiteatro 2)
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio ABANCA (día do espectáculo, a partir 18.00 h)
DE MUTUO DESACUERDO
Ignacio / Iñaki Miramón Sandra / Toni Acosta Quino Falero
Fernando J. López teatro / comedia Pentación Espectáculos La Cabra Sra. Pendlenton Madrid español 90’
director
Sandra e Ignacio acaban de divorciarse. En común teñen doce anos de matrimonio e un fillo a punto de cumplir nove (Sergio, o terceiro e invisible protagonista) que, coa súa mochila ao lombo, non acepta a nova situación… Certos episodios escolares do seu fillo obrigan a Sandra e Ignacio a verse máis do desexable… Están condenados a entenderse mentres sigan a exercer como pais e, se poñerse dacordo xa lles resultou imposible durante o seu matrimonio, agora esa idea parécelles do mesmo xénero que a película favorita do seu fillo… de ciencia-fición. Existe a amizade… despois do divorcio? Lonxe de calquera punto de vista moral ou simplificador, De mutuo desacuerdo é un retrato, dende o humor, das novas familias do século XXI nas que non hai bos nin malos, tan só dúas personaxes que se equivocan e que intentan enmendar eses erros do mellor xeito posible.
José Manuel Guerra iluminación Mónica Boromello escenografía e vestiario Mariano Marín música Jesús Cimarro produción
AUDITORIO ABANCA VENRES 13 FEBREIRO
20.30
VENDA ENTRADAS 18 € (patio butacas, antiteatro 1) 15 € (anfiteatro 2)
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio ABANCA (día do espectáculo, a partir 18.30 h)
JUNTOS Y SEPARADOS
Françoise Dorin teatro / comedia Producciones Faraute Madrid
español 130’
Ella / María Fernanda D’Ocón El / Carlos Manuel Díaz Ángel F. Montesinos director Estreada a pasada tempada en Francia, Juntos y separados é o último éxito da polifacética de Françoise Dorin, da “raiña da comedia de boulevard” cuxas comedias foron traducidas a multitude de idiomas, dunha autora que puxo letra a populares cancións de éxito de Charles Aznavour, Dalida, Patachou e Celine Dion… Os protagonistas son dous veteráns e experimentados actores de teatro como Carlos Manuel Díaz (tamén coñecido polos seus traballos cinematográficos e en series televisivas) e a valenciana María Fernanda D’Ocón (Medalla de Ouro de Bellas Artes 2002, primeira actriz durante dez anos do Teatro Nacional María Guerrero e considerada unha das pioneras da televisión en España). Independencia, distintos caracteres e afeccións… Juntos y separados conta como unha vez máis a casualidade intervén e decide que unha parella volva a reencontrarse… Xuntos? separados? amor aos 70? amizade?... Unha comedia para escoitar, divertirse e, porque non, emocionarse…
Ángel F. Montesinos
AUDITORIO ABANCA
Hans Burmann
SÁBADO 7 MARZO
adaptación
escenografía
20.30
VENDA ENTRADAS 18 € (patio butacas A, anfiteatro 1) 16 € (patio butacas B) / 14 € (anfiteatro 2)
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio ABANCA (día do espectáculo, a partir 18.30 h)
MUJERES COMO YO
Pau Miró teatro / comedia T de Teatre Barcelona
español 80’
Mamen Duch Montse Germán Marta Pérez Carmen Pla Pau Miró director Creada en 1991 por cinco novas actrices que naquel momento acababan de graduarse no Institut del Teatre de Barcelona, máis de 2500 funcións e dúas décadas de experiencia despois, podemos dicir que a compañía feminina barcelonesa T de Teatre adoita acertar nas súas propostas… Na súa nova aventura Mujeres como yo quixeron poñerse nas mans dun home de teatro como Pau Miró para, xuntos, retratar toda unha xeración de mulleres que, preto da cincuentena e neste mundo onde se esvaecen todas as certezas, se negan a caer no abismo. Unha historia que comeza sendo íntima pero que xira cara ao descoñecido e á comedia negra e disparatada conducida pola man dun destro dramaturgo... Mujeres como yo é a terceira parte dunha triloxía xeracional deseñada por Pau Miró, que en Els jugadors se ocupaba dos homes que se achegan aos 60 e en Un refugi indie falaba dunha xeración que arredor dos 20 anos tiña que afrontar unha nova situación de crise. Mujeres como yo… un retrato de agora, salpicado por inesperadas chispas de intriga, debuxado polo humor único e aditivo das actrices de T de Teatre…
Alejandro Andújar escenografía e vestiario Albert Faura iluminación Roger Ábalos son Roberto G. Alonso coreografía
TEATRO PRINCIPAL XOVES 9 ABRIL
20.30
VENDA ENTRADAS anticipada: 18 € / 16 € (anfiteatro) día do espectáculo: 20 € / 18 € (anfiteatro) entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
CONSTELACIONES
Roland / Fran Calvo Marianne / Inma Cuevas Fernando Soto director
Nick Payne teatro / comedia Kendosan Producciones Madrid
español 70’
O novo dramaturgo británico Nick Payne deu o gran salto ao West End londiniense (e despois a Nova York) con Constelaciones, obra pola que mereceu a nominación aos premios Olivier… O Daily Telegraph fala dunha “obra divertida, intelixente e chea de ideas que transmite un torrente de emocións”. Nick Payne explora o amor, a amizade e a noción do libre albedrío no contexto da física cuántica… Roland (Fran Calvo) e Marianne (Inma Cuevas, premio á mellor actriz protagonista de teatro nos Premios da Unión de Actores 2015) –apicultor e física cuántica respectivamente– coñécense durante unha barbacoa e comezan unha relación… Constelaciones está inspirada na idea do “multiverso”, a teoría de que o noso universo é só un entre os moitos que existen… Constelaciones ilustra este concepto presentando as múltiples permutacións posibles para unha única relación: nalgunhas das posibles versións da relación conviven felices mentres, noutras, nin sequera chegan a bicarse por primeira vez…
Dani Gallardo axudante de dirección Antonio Gil movemento escénico e coreografía The Blue Stage Family espazo escénico Fran Ávila distribución
AUDITORIO ABANCA DOMINGO 19 ABRIL
20.00
VENDA ENTRADAS 15 € (patio butacas A, anfiteatro 1) 12 € (patio butacas B) / 10 € (anfiteatro 2)
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio ABANCA (día do espectáculo, a partir 18.00 h)
CONTINUIDAD DE LOS PARQUES
Roberto Álvarez Fele Martínez Gorka Otxoa Luis Zahera coa colaboración especial de Marta Solaz Sergio Peris-Mencheta
adaptación, espazo escénico e dirección
Jaime Pujol teatro de autor BarcoPirata Producciones Teatrales Madrid coprodución do Teatro Español español 90’
Un parque, de por si, xa é un escenario… E un banco o sitio idóneo para a complicidade ou o antagonismo… Citas concertadas, encontros casuais, conversacións fútiles que se transforman en reflexións profundas… Este é o punto de partida para as pezas que compoñen Continuidad de los parques, unha obra de sorpresas, áxil, desconcertante e eminentemente divertida que nos propón un xogo cómico e enganoso, un retablo de aparencias, de continuos equívocos a medio camiño entre o realismo e o absurdo. A sucesión de extravagancias que é Continuidad de los parques podería moi ben ter sido pintada por René Magritte. O xixonés Roberto Álvarez, o alacantino Fele Martínez, o irunés Gorka Otxoa e o compostelán Luís Zahera interpretan a máis de 20 personaxes que se cruzan, chocan, atopan e “desencontran” no parque… Cun diálogo trepidante, Continuidad de los parques danos unha visión distorsionada da realidade: o espectador é quen finalmente elixe a súa propia aventura...
Braulio Blanca deseño iluminación e dirección técnica Eva Ramón dirección de arte e atrezzo Joe Alonso audiovisuais e espazo sonoro Elda Noriega vestiario Marta Solaz composición musical Maite Pérez axudante dirección Nuria-Cruz Moreno produción
AUDITORIO ABANCA SÁBADO 25 ABRIL
20.30
VENDA ENTRADAS 18 € (patio butacas A, anfiteatro 1) 16 € (patio butacas B) / 14 € (anfiteatro 2)
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio ABANCA (día do espectáculo, a partir 18.30 h)
EL EUNUCO
Fanfa / Pepón Nieto Thais / Anabel Alonso Lindus / Alejo Sauras Parmenón / Jorge Calvo Fedrias / Antonio Pagudo Filipa / Marta Fernández-Muro Pánfila / María Ordóñez Pelotus / Jordi Vidal Cilindro / Eduardo Mayo Pep Antón Gómez director
Jordi Sánchez & Pep Antón Gómez versión libre da obra homónima de Terencio teatro / comedia Mixtolobo Madrid coprodución do Festival Internacional de Teatro de Mérida español 130’
Imaxínese en Atenas. Un mozo fogoso coas hormonas alborotadas. Namórase dunha escrava. A escrava, éo dunha cortesá. A cortesá ten un amante. O amante é o irmán maior do mozo fogoso, que quere facerlle un regalo á cortesá. Por iso, cómpralle un eunuco. O mozo sábeo. Do regalo, do eunuco. E, como acceder á casa da cortesá para poder namorar á escrava non é doado, decide suplantalo. Ao eunuco. E ademais… un criado que non quere, e unha criada que non se decata, e un soldado namorado dun xeneral, e un xeneral que dubida, e un cilindro… Ben, un home, pobre, que así se chama, Cilindro. E corredores, moitos corredores… A solución: El eunuco de Terencio coproducido polo festival de Mérida nunha versión divertida, trepidante e felizmente libre… Nove personaxes e outras tantas historias cruzadas nunha montaxe que transita sen complexos polo teatro clásico grecolatino e o musical, pola comedia de situación e o vodevil…
Chevy Muraday coreografía Tao Gutiérrez dirección musical Miguel Á. Camacho iluminación Eduardo Moreno escenografía Sandra Espinosa vestiario
Asier Etxeandia / Tao Gutiérrez composición Factoría Madre Constriktor produción musical David Pérez Arnedo xefe técnico Raúl Fraile produción Ismael Sáiz axudante de produción
AUDITORIO DE GALICIA DOMINGO 10 MAIO
20.00
VENDA ENTRADAS 24 €
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio de Galicia (día do espectáculo, a partir 18.00 h)
NUESTRAS MUJERES
Paul / Gabino Diego Simon / Antonio Hortelano Max / Antonio Garrido Gabriel Olivares director
Eric Assous teatro / comedia Pentación Espectáculos Focus Madrid español 90’
Tres vellos amigos quedaron para xogar a partida de cartas habitual, non obstante un deles atrásase inexplicablemente. Ten unha boa razón: asasinou a súa muller. Cun punto de partida sorprendente, potente, de pura teatralidade, Eric Assous preséntanos o seu máis recente éxito teatral... O dramaturgo francés debuxa un xogo vertixinoso no que tres personaxes masculinos combaten nun duelo sen cuartel con outras tres mulleres que, sen aparecer nunca sobre a escena, provocan unha acción na que se discute unha cuestión tan íntima como..., que supón ser home hoxe en día? Os tres protagonistas son Gabino Diego, Antonio Garrido e Antonio Hortelano, tres actores curtidos nas claves da comedia. Unha ollada xeracional, enérxica e vital, sutil e irónica, na máis pura tradición do vodevil francés...
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
Anna Tusell escenografía Liberto Lado vestiario Mónica Vic axudante de vestiario Carlos Alzueta iluminación Jesús Cimarro produtor
AUDITORIO ABANCA MÉRCORES 27 MAIO
20.30
VENDA ENTRADAS 20 € (patio butacas A, anfiteatro 1) 18 € (patio butacas B) / 16 € (anfiteatro 2)
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio ABANCA (día do espectáculo, a partir 18.30 h)
PLUTO
Pluto / Javier Gurruchaga La Dama / Marisol Ayuso Crémilo / Marcial Álvarez Carión / Jorge Roelas Praxágora / Ana Labordeta Tesorero / Santi Celaya Blepsidemo / Toni Misó Joven Pluto / Cayetano Fernández Magüí Mira dirección e espazo escénico
Aristófanes teatro / comedia Pentación Espectáculos Madrid coprodución do Festival Internacional de Teatro de Mérida español 90’
Pluto, o deus do diñeiro, canta cego polas rúas. Está triste porque non sabe a quen se dá e querería repartirse con xustiza entre a xente honesta… Os que non o teñen reclámano e os que xa o teñen non o queren soltar… Pero Crémilo, un agricultor arruinado, devólvelle a vista a Pluto… Pluto é a historia dunha utopía, do soño do reparto xusto da riqueza, do diñeiro, é dicir, de Pluto… E aí é nada, isto xa lle preocupaba a Aristófanes no século IV antes de Cristo nun país mediterráneo onde a democracia pasaba por dificultades, no que algúns cidadáns se facían escravos para poder traballar e comer. Pluto fainos reflexionar con humor… humor ácido e satírico que nos invita á festa da utopía… Unha festa onde a pobreza está erradicada e a riqueza, é dicir, Pluto, lonxe de abusos e exclusións… Atenas hai agora 25 séculos…
Emilio Hernández adaptación José Manuel Guerra iluminación Lorenzo Caprile vestiario Denise Perdikidis coreografía Marco Rasa dirección musical
Javier Gurruchaga / Marco Rasa música Juan M. Montes / E. Hernández letristas cancións Txemi Pejenaute axudante de dirección David Pérez Arnedo xefe técnico Raúl Fraile xefe produción Jesús Cimarro produtor
AUDITORIO DE GALICIA DOMINGO 7 XUÑO
20.30
VENDA ENTRADAS 24 €
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio de Galicia (día do espectáculo, a partir 18.00 h)
INSOLACIÓN
Asís Taboada / María Adánez Diego Pacheco / José Manuel Poga Gabriel Pardo / Chema León Duquesa de Sahagún | Ángela | Ventera / Pepa Rús Luis Luque director
Emilia Pardo Bazán teatro / comedia Compañía Miguel Narros Producciones Faraute Madrid
español 100’
Con Insolación, Emilia Pardo Bazán non só escribiu unha gran historia de amor, senón tamén unha convencida defensa do dereito a elixir das mulleres… María Adánez interpreta á protagonista Francisca de Asís Taboada, viúva marquesa de Andrade (galega como a propia autora) que vive no Madrid de finais do século XIX, nun medio aparentemente ilustrado de salóns e parladoiros, pero no que non calou a idea da igualdade entre homes e mulleres. A novela presenta o encontro de Asís Taboada con Diego Pacheco, mozo andaluz de boa familia con fama de conquistador que esperta a súa paixón; por outra parte está Gabriel Pardo, home culto e reflexivo que pretende a man da marquesa. Dedicada a José Lázaro Galdiano, e con algo de autobiográfica, a publicación hai 125 anos de Insolación non estivo exenta de polémica. “O discurso e as accións das protagonistas son en certo modo revolucionarios”, sostén o director Luis Luque que define Insolación como “unha magnífica novela onde todo rezuma liberdade e amor”.
Pedro Villora adaptación Mónica Boromello escenografía Almudena Rodríguez vestiario Juan Gómez Cornejo iluminación Luis Miguel Cobo música
AUDITORIO DE GALICIA XOVES 18 XUÑO
20.30
VENDA ENTRADAS 22 €
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio de Galicia (día do espectáculo, a partir 18.00 h)
EL LARGO VIAJE DEL DÍA HACIA LA NOCHE
Eugene O’Neill teatro / drama Marquite Producciones Madrid
español 125’
James Tyrone / Mario Gas Mary Cavan Tyrone, a súa esposa / Vicky Peña Jamie Tyrone, o fillo maior / Alberto Iglesias Edmund Tyrone, o fillo menor / Juan Díaz Cathleen, criada / María Miguel Juan José Afonso director É un día de agosto de 1912 na casa de James Tyrone, célebre autor de teatro, rodeado da súa esposa e dos seus dous fillos. O que comeza como unha plácida xornada de veraneo na casa a carón do mar convértese pouco a pouco nun combate descarnado a medida que os demos familiares saen á luz. Unha loita sen cuartel de catro seres humanos fascinantes, condenados a vivir xuntos mentres tratan de reavivar os rescaldos do amor pasado mentres cae a noite… “Dicía Tolstoi, ao comezo de Ana Karenina, que todas as familias felices se asemellan, pero cada familia infeliz é infeliz ao seu xeito. Eugene O’Neill, que tanto soubo de familias e de infelicidade, podería engadir que toda familia infeliz é o espello no que se reflicten moitas outras (…) Quizais O’Neill quixo retratar unha familia americana de profundas raíces irlandesas, pero a pintura resultante foi universal…”, sostén Borja Ortiz de Gondra, responsable da adaptación deste clásico da literatura para unha posta en escena encabezada por dous grandes como Mario Gas e Vicky Peña.
Borja Ortiz de Gondra adaptación Elisa Sanz escenografía e vestiario Juan Gómez-Cornejo Sánchez iluminación Laura Ortega axudante de dirección
AUDITORIO DE GALICIA SÁBADO 19 SETEMBRO
20.30
VENDA ENTRADAS 22 €
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio de Galicia (día do espectáculo, a partir 18.00 h)
10 NEGRITOS
Mrs. Rogers / Mónica Soria Mr. Rogers / Pablo Viña Philip Lombard / Quim Capdevila Vera Claythorne / Lydia Miranda Anthony Marston / David Zarzo William Blore / Diego Molero Coronel Mackenzie / Jorge Lucas Emily Brent / Lara Dibildos Lawrence Wargrave / Paco Churruca Dr. Armstrong / Antonio Albella e a colaboración virtual de Manuel Galiana Ricard Reguant dirección e adaptación
Agatha Christie
baseado en And then there where none teatro / intriga Iniciativas Teatrales Diffusio Artes Escénicas Madrid español 90’
And then there where none (E non quedou ningún) é, segundo a propia autora, a súa mellor idea… Escrita en 1939 bateu marcas de espectadores e lectores: 100 millóns de exemplares vendidos, a novela de misterio máis vendida da historia, un dos 10 libros máis vendidos de todos os tempos… son algunhas das referencias que se poden atopar. Presente en todas as grandes carteleiras teatrais (París, Londres, Berlín, Madrid, Nova York…), 10 Negritos é a única peza teatral que escribiu, a partir da súa propia novela, a satisfeita Agatha Christie. Os autores da posta en escena recoñecen a inspiración e a influencia da serie televisiva Mad Men para poñer en pé esta intriga que segue a espertar o interese de xeración tras xeración… 10 personaxes pechados nunha illa, até o final non saberemos se son vítimas ou asasinos…
Núria García axudante de dirección José Miguel Ligero escenografía e vestiario Carlos Alzueta iluminación Miguel Molina produción
AUDITORIO ABANCA VENRES 25 SETEMBRO
20.30
VENDA ENTRADAS 24 € (patio butacas A, anfiteatro 1) 22 € (patio butacas B) / 20 € (anfiteatro 2)
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio ABANCA (día do espectáculo, a partir 18.30 h)
TE ELEGIRÍA OTRA VEZ
Nerea Garmendía Esmeralda Moya Camino Rubio Bernabé Fernández Adrián Exposito David García-Palencia Sara Escudero dirección e dramaturxia
Sara Escudero teatro / comedia romántica Batiburrillo Producciones Madrid
español 90’
Seis personaxes, tres parellas, seis situacións pouco realistas para personaxes que poden chegar a selo e que, como o resto do universo, teñen unha materia atragoada: o amor. Historias independentes que se unen na escena final, na esencia dos personaxes que non nas historias… Non hai nomes, non nos importan… Tampouco importa se se trata dos mesmos personaxes nun “antes” e nun “despois”, que todos temos de denominador común a tara emocional, nun ou noutro plano… Importan os feitos e, por suposto, pasalo ben para que todo o mundo se contaxie. Te elegiría otra vez... unha comedia romántica apta para todos os públicos...
Raquel Pérez dirección de escena Joaquin Terán deseño iluminación Natalia Paredes vestiario De Otra Manera e Jurro Pizarro música orixinal Sergio Arce Tula coreografía
AUDITORIO ABANCA DOMINGO 4 OUTUBRO
20.30
VENDA ENTRADAS 14 € (patio butacas A, anfiteatro 1) 12 € (patio butacas B) / 10 € (anfiteatro 2)
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio ABANCA (día do espectáculo, a partir 18.30 h)
TAXI
Rafael Moreno / Josema Yuste Alfonso / Pedro Reyes Inspector Gervasio García / Felisuco Lucía / Esther del Prado Carmen / Diana Lázaro Inspector Molero / Javier Losán Josema Yuste / Alberto Papa-Fragomén
Ray Cooney teatro / comedia Cobre Producciones Olympia Metropolitana Nearco Producciones Madrid español 90’
dirección
Por dúas mulleres… sempre á carreira…! O protagonista, taxista de profesión, está casado con dúas mulleres e vive con cada unha nun barrio diferente. Isto obrígao a levar unha planificación de horarios moi estrita e a facer verdadeiros xogos malabares para contentar a ambas. Está namorado das dúas e non quere perder ningunha. Todo o seu plan vense abaixo cando acaba por accidente no hospital e o seu nome aparece por partida dobre na comisaría de cada distrito e comeza o enredo… A máis exitosa comedia de Ray Cooney, Run for your wife, estreouse no West End londiniense en 1983 e permaneceu en cartel durante 12 anos interpretada polos máis populares cómicos británicos… Saltou a Broadway e contabilízanse máis de 500 producións en todo o mundo en máis de 30 linguas… “Déixense seducir e crean no incrible desta historia, sen esquecer nunca que o incrible non supera moitas veces a realidade. Por iso Taxi é un vodevil realmente incrible… ou non…?” (Josema Yuste).
Josema Yuste Alberto Papa-Fragomén adaptación
Ana Garay escenografía Carlos Alzueta iluminación
AUDITORIO ABANCA VENRES 30 OUTUBRO
20.30
VENDA ENTRADAS 22 € (patio butacas A, anfiteatro 1) 20 € (patio butacas B) / 18 € (anfiteatro 2)
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio ABANCA (día do espectáculo, a partir 18.30 h)
EL TRIÁNGULO AZUL
La Begún / Manuel Agredano Oana / Elisabet Altube Paco / Marcos León Brettmeier / Mariano Llorente Paul Ricken / Paco Obregón Toni / José Luis Patiño Jacinto / Jorge Varandela Laila Ripoll dirección
Laila Ripoll & Mariano Llorente teatro / drama Micomicón Centro Dramático Nacional Madrid español 130’
Os españois foron os primeiros en entrar en Mauthausen e os últimos en saír (7.000 entraron e menos de 2.000 sobreviviron)… Ningún goberno se preocupou de se estaban vivos ou mortos e tiveron que lucir o distintivo azul de apátridas... El triángulo azul é unha intriga angustiosa e un cabaré grotesco no recordo dun suboficial nazi, xefe do laboratorio de identificación fotográfica, que mira atrás para intentar explicar aos seus fillos o inexplicable: o exterminio organizado de millóns de seres humanos… As súas lembranzas chegan á arriscada peripecia daqueles españois que sacaron fotografías do campo e que serviron para incriminar a dirixentes nazis nos xuízos de Nuremberg e no carácter singular daquel grupo capaz de, naquel inferno, representar unha revista musical… No Nadal de 1942 un grupo de españois conseguiron, por primeira e única vez na historia dos campos de concentración, autorización para representar teatro, e fixérono sen perder o sentido do humor…
Carlos Blázquez clarinete / percusións
Carlos Gonzalvo violín / percusións
David Sanz
acordeón / pianiño / percusións
Arturo Martín Burgos escenografía Almudena Rodríguez Huertas vestiario Luis Perdiguero iluminación Pedro Esparza música | Alvaro Luna videoescena David Roldán espazo sonoro Héctor del Saz axudante de dirección Antonio Verdú dirección técnica e rexiduría
AUDITORIO ABANCA DOMINGO 15 NOVEMBRO
20.00
VENDA ENTRADAS 18 € (patio butacas A, anfiteatro 1) 16 € (patio butacas B) / 14 € (anfiteatro 2)
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio ABANCA (día do espectáculo, a partir 18.30 h)
EL HIJO DE LA NOVIA
Fernando Castets & Juan J. Campanella teatro Ados Teatroa Euskadi Pentación Espectáculos Madrid
español 90’
Rafael / Juanjo Artero Nina / Álvaro de Luna Norma / Tina Sainz Juan Carlos | Tucho / Mikel Laskurain Nati / Sara Cozar Garbi Losada dirección “El hijo de la novia é unha historia das que fan grande a comedia, e gran parte do seu acerto baséase en que case todas as súas escenas, no medio de diálogos dramáticos, despregan o sentido do humor… e o que a fai grande é saber pasar imperceptiblemente do drama á risa mentres amosa o fracaso cotián das personaxes, a crise das relacións sociais e familiares, dos ideais…“, a directora Garbi Losada fala da trama traxicómica da película de Fernando Castets e Juan. J. Campanella levada agora ao escenario teatral. Rafael, o protagonista, non está conforme coa vida que leva, non conecta coas súas cousas nin coa xente, nunca ten tempo para nada e busca consolo nos vellos capítulos da súa serie favorita, El Zorro. Inmerso nunha crise económica e de valores, cun restaurante e unha relación que non funcionan, unha nai con Alzhéimer á que apenas visita… sente que non cumpre as expectativas de ninguén e só aspira a que o deixen en paz… A historia de amor dos seus pais e a aparición dun vello amigo, cousas que en principio vive como un problema, acabarán por ser o revulsivo para volver a facerse co temón da súa vida…
Garbi Losada José Antonio Vitoria adaptación
Gorka Esnal produción
AUDITORIO DE GALICIA DOMINGO 29 NOVEMBRO
20.30
VENDA ENTRADAS 22 €
entradas.abanca.com / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) Auditorio de Galicia (día do espectáculo, a partir 18.00 h)
15 XAN
24 XAN
1 FEB
13 FEB
10 MAI
27 MAI
7 XUÑ
18 XUÑ
19 SET
4 OUT
30 OUT
15 NOV
29 NOV
AF Nuestras Mujeres Cartel 70x100.pdf
1
05/03/15
17:57
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
Diseño gráfico: Enric Jardí
Fotografía: David Ruano
K
7 MAR
9 ABR
19 ABR
25 ABR
25 SET
SANTIAGO DE COMPOSTELA
todas as novidades en
www.compostelacapitalcultural.org
programación suxeita a cambios e novas incorporacións