DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA GUÍA PARA A CONSULTA

As entradas ou lemas aparecen por orde alfabética, en letra grosa e nun corpo maior que o resto da información:

adiviña s.f. Enigma ou pregunta enxeñosa para entreterse en acertar a resposta. Sabe moitas adiviñas. SIN. adiviñanza.

adiviñación s.f. Acción e efecto de adiviñar. Antigamente utilizábanse vísceras de animais para facer adiviñacións.

adiviñanza s.f. Adiviña. Gústalle moito xogar ás adiviñanzas.

As palabras homógrafas distínguense por medio de números en superíndice:

parábola1 s.f. Xeom. Liña curva en que cada un dos puntos está situado a igual distancia dun punto fixo, o foco, e dunha recta, a directriz. Debuxou unha parábola.

parábola2 s.f. Relato breve, en particular dos libros sagrados, que encerra unha lección moral. As parábolas do Evanxeo. CF. apólogo.

Co asterisco (*) indícase que a voz ou a grafía non son propias da variedade normativa do galego. A continuación dáse a forma que se considera normativa:

emborcallar* v.p. envorcallar. equis* s.m. xe. oca1* s.f. ganso.

Cando a información sobre unha entrada se trata dentro doutra, remítese a ela:

asentada s.f. V. asentado. amílico -a adx. V. alcohol. locomotriz adx.f. V. locomotor. palleirán adx.m. V. can1.

As locucións que non se inclúen dentro doutra entrada aparecen remitidas desde a súa forma de expresión habitual ao lugar onde se tratan:

a balavento loc. adv. V. balavento, a.

De termos o caso de sinónimos ou variantes menos recomendables pero aceptados, aparece a entrada seguida do símbolo ⇒ e a indicación da forma que se prefire:

amistoso -a adx. ⇒ amigable.

co gallo de loc. prep. V. gallo de, co.

gadella s.f. ⇒ guedella.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

En caso de grafías bifonemáticas, neoloxismos, palabras homógrafas ou case homógrafas e aquelas que presenten algún tipo de dificultade, aparece a información fonética entre corchetes ([]), inmediatamente despois da entrada. Para a transcrición fonética da pronunciación seguiuse o Alfabeto Fonético Internacional:

paradoxo [ks] s.m. Expresión ou cousa que vai en contra da lóxica ou do sentido común, contradición aparente. Foise, pero segue estando connosco; vaia paradoxo.

jeep [dZi†p] s.m.(pl. jeeps) 1. Vehículo militar de pequeno tamaño, capaz de andar por terreos difíciles. O jeep foi moi utilizado polos americanos na Segunda Guerra Mundial. 2. Vehículo todo terreo. Alugamos un jeep para ir polo monte.

pórtland ["pOÉtl«nd] s.m. Cemento que endurece ao contacto coa auga, obtido da mestura de materiais calcarios e arxila, calcinados a altas temperaturas e moídos posteriormente. O pórtland é o primeiro cemento artificial.

tsarévich [tsa"rEvitS] s.m. Fillo primoxénito do tsar. O tsarévich preparábase para suceder a seu pai.

sen1 [E] s.f. Parte lateral da cabeza, entre a parte superior da órbita do ollo e a orella. Os golpes na sen son perigosos. tempa, vidalla.

SIN.

sen2 [E] s.f. Conxunto de ovos ou larvas de certos insectos da orde dos dípteros, en particular do moscón, depositados na carne morta ou nas materias orgánicas en descomposición. OBS. Utilízase sobre todo en plural. As sens estragáronlle o xamón. SIN. areixa, careixa, chamiza2, seses, vareixa.

sen3 [e] prep. 1. Indica a falta de algo que se expresa. Chegou á meta sen folgos. Fíxoo sen pensar, que se o pensase non o facía. 2. Indica que algo que se expresa queda excluído. Sen o almorzo, pódese dicir que a comida deste hotel é boa. SIN. agás, excepto, menos.

subrogación [b-r] s.f. Acción de subrogar. Subrogación do contrato de arrendamento.

A continuación da entrada, inclúese a indicación da categoría gramatical en letra cursiva:

alustro s.m. Liña de luz intensa, sinuosa e ramificada, producida polo raio. Unha noite de vento, chuvia, trebóns e alustros. SIN. apago, lóstrego, lustro2, relampo, relustro. CF. chispa.

aluvial adx. Producido ou constituído por aluvións. Planicie aluvial. Depósitos aluviais.

declamar v.t. Dicir en alta voz, coa entoación, sentimento e xestos apropiados [un texto literario ou un discurso]. Declamar uns versos. SIN. recitar. Declamou un discurso incendiario.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

A dobre barra (//) separa acepcions con distinta categoría gramatical, distinto réxime verbal ou distinto xénero ou número:

eclesiástico -a adx. 1. Relativo ou pertencente á Igrexa e ao clero. A vida eclesiástica. Poder eclesiástico. // s.m. 2. Persoa que forma parte do clero. Un cura é un eclesiástico. SIN. clérigo. ♦ ANT. laico, leigo, segrar.

mediar v.t. 1. Encher [unha cousa] ata a metade. Mediar un caldeiro de auga. // v.i. 2. [Algo] chegar á metade. Xa mediaba o mes cando eles chegaron. 3. [Alguén] intervir entre dúas ou máis persoas para que algo se solucione. Tivo que mediar o director para que o mestre lles levantase o castigo aos alumnos. SIN. interceder. CF. avogar.

papeleiro -a adx. 1. Relativo ou pertencente ao papel. Industria papeleira. // s. 2. Fabricante ou vendedor de papel. Convocaron unha reunión de papeleiros. // f. 3. Recipiente onde se tiran os papeis e outros obxectos que non teñen utilidade. O Concello puxo papeleiras novas na alameda. 4. Fábrica de papel. As papeleiras empregan celulosa para a fabricación do papel.

delfínidos s.m.pl. 1. Zool. Familia de cetáceos da suborde dos odontocetos que se caracterizan por ter dentes cónicos, fociño alongado, aleta dorsal e un único orificio respiratorio. A candorca pertence aos delfínidos. // sing. 2. Zool. Individuo desta familia.

Coa formula ‘Tamen’ seguida de abreviatura de categoria gramatical indícase que unha palabra pode ser utilizada con outra categoría ou con outro réxime verbal, cun significado facilmente deducible:”

electrodoméstico -a adx. [Aparello] de uso doméstico que funciona por medio de enerxía eléctrica. O frigorífico é un aparello electrodoméstico imprescindible. Tamén s.m. A cociña xa a instalaron con todos os electrodomésticos.

fertilizante s.m. Produto químico, ou ben de orixe vexetal ou animal, que se lle bota á terra para que as plantas cultivadas nela se desenvolvan mellor e dean máis e mellores froitos. Mandou facer un estudo das súas terras para saber que fertilizantes empregar. CF. esterco. Tamén adx. Substancias fertilizantes.

maquillar v.t. Aplicar a [alguén] no rostro determinados produtos que o fan aparecer máis belo ou que modifican o seu aspecto. Aos actores maquíllanos especialistas. CF. pintar. Tamén v.p. Non lle gusta maquillarse. CF. pintarse.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Poden aparecer restriccións a esta utilización indicadas entre corchetes ([]):

colaborador -ora adx. Que colabora. Algunha das entidades colaboradoras retiroulle o seu apoio. SIN. cooperador, cooperante. Tamén s. [persoa]. Diso encárgase o meu colaborador. Un colaborador de ‘A Nosa Terra’.

trimotor -ora adx. Que ten tres motores. Un avión trimotor. Un vehículo trimotor. Tamén s.m. [avión]. Chegaron nun vello trimotor de hélices.

Aparecen entre parénteses e despois da categoría gramatical os femininos e plurais que poden ofrecer dúbida:

burelao adx. (f. burelá) 1. De Burela ou dos seus habitantes. O porto burelao. // s. 2. Persoa natural ou habitante de Burela. Os burelaos celebraron a Festa do bonito. ♦ SIN. burelense.

sandeu adx. (f. sandía) [Persoa] que ten ou manifesta no seu comportamento pouca ou ningunha intelixencia. É tan sandeu que nunca lle cobra ben. SIN. babeco, babiolo, bobo, boubexo, boubo, cretino, idiota, imbécil, panoco, paparón, parvo.

vacún adx. (f. vacúa) 1. Relativo ou pertencente ao touro, ao boi ou á vaca. Dedícase á cría de gando vacún. bovino. // s.m. 2. Gando vacún. Carne de vacún.

SIN.

panificábel adx. (pl. panificábeis) Panificable. Fariña panificábel.

búmerang s.m. (pl. búmerangs) 1. Arma feita dunha peza de madeira dura e de forma arqueada, que ao lanzala describe unha traxectoria irregular e regresa ao punto de partida se non dá no albo. O búmerang foi utilizado principalmente polos indíxenas australianos para loitar e cazar. 2. Enxeño semellante a esa arma. Xogaban na praia cun búmerang.

búnker s.m. (pl. búnkeres ou búnkers) Refuxio, xeralmente de cemento armado e subterráneo, para protexerse dos bombardeos. Durante a Segunda Guerra Mundial construíronse moitos búnkeres.

A definición da palabra que figura como entrada realízase a través dunha perífrase equivalente, ou un sinónimo nalgúns casos, e aparece en letra redonda:

desnivel s.m. Diferenza de altura ou nivel entre dous puntos. Este terreo ten moito desnivel. SIN. pendente. Un terreo con grandes desniveis. CF. declive.

desoxixenar v.t. Desosixenar. O crecemento das algas pode desoxixenar as augas.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Antes da definición poden aparecer indicacións acerca da afinidade semántica entre a acepción en cuestión e a precedente, ou acerca da significación orixinaria ou máis próxima (ext., prop., fig.):

apostolado s.m. 1. Misión dun apóstolo de predicar e propagar o Evanxeo. O apostolado de S. Paulo. 2. ext. Propaganda e defensa dunha causa ou doutrina, especialmente relixiosa. Facer apostolado a favor da paz. O apostolado dos misioneiros. 3. Representación artística do grupo constituído polos doce apóstolos. No cadro que representaba a Asunción da Virxe aparecía o apostolado aos pés.

axigantar v.t. 1. prop. e fig. Facer moi grande ou moito máis grande. Os espellos que había na sala axigantábana. Cada vez axiganta un pouco máis o conto. // v.p. 2. prop. e fig. Facerse grande ou moito máis grande. A sombra dos corpos axigántase.

Tamén antes da definición pode aparecer indicado o rexistro ou o campo científico ou técnico ao que corresponde unha definición:

caltridura s.f. pop. Cauterización. Quedoulle a marca da caltridura.

estelífero -a adx. lit. Cheo de estrelas. Contemplaban abraiados o estelífero manto que alumeaba a noite. estrelado (menos formal).

SIN.

incoar v.t. Der. Facer o primeiro trámite en [un preito, expediente ou outro proceso oficial semellante]. Incoaron un expediente de despedimento a dez traballadores.

linfa s.f. Biol. Líquido orgánico de cor abrancazada composto principalmente por linfocitos, que circula polos vasos linfáticos e serve de intermediario entre o sangue e as células para a alimentación destas. A linfa contén menos albumina ca o sangue.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Aparece entre corchetes ([]) o contorno da definición que se corresponde cos seguintes casos: -O complemento directo no caso dos verbos transitivos:

promulgar v.t. 1. Publicar oficialmente [unha lei ou outra

-O suxeito no caso dos verbos intransitivos e pronominais, neste caso precedendo a definición:

zoar v.i. 1. [Insecto, vento, etc.] producir un ruído xordo e

disposición da autoridade] para que empece a aplicarse. O actual Estatuto de Autonomía de Galicia foi promulgado en 1981. ANT. abolir. 2. ext. Facer que [algo] se divulgue ou propague. Promulgar unha teoría.

continuo. Séntense as abellas zoar onda o cortizo. A chuvia a caer e o vento a zoar; ninguén se atrevía a saír. Sentín zoar algo aquí detrás, que foi? SIN. zumbar, zunir. 2. [Oído] producir coma un ruído xordo e continuado que xeralmente non existe. Zóanme os oídos.

abalocar v.p. [Terra] formar balocos ao endurecerse. A leira abalocouse por falta de cultivo.

-No caso dos adxectivos, o substantivo ou tipo de substantivos cos que se combina:

cóncavo -a adx. [Liña, superficie] que forma unha cavidade. Lentes cóncavas. As cuncas son obxectos cóncavos. ANT. convexo.

conxénito -a adx. [Característica, calidade] que naceu co individuo que a posúe, que non é adquirida posteriormente . Enfermidades conxénitas. CF. innato, inxénito.

Cando unha definición fai referencia a unha entrada, pero non a todas as súas acepcións, pódese indicar isto entre parénteses:

encantamento s.m. Acción e efecto de encantar (ac. 1). Cando soaron as doce badaladas, o encantamento desfíxose. SIN. feitizo. ANT. desencantamento.

lentelloso -a adx. Que presenta lentellas (ac. 3). Este anaco de touciño lentelloso non o aproveitamos.

municipal adx. 1. Do municipio ou pertencente ao municipio. Estaba tocando a banda municipal. // s. 2. Garda que coida de que se cumpran na cidade as normas que dita o concello, como as que se refiren ao tránsito, aos ruídos nocturnos, etc. Os municipais estaban dirixindo o tráfico na praza. SIN. garda municipal, garda urbano. ▲ Garda municipal. Municipal (ac. 2). Armaron tal balbordo que foi necesario avisar os gardas municipais.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

No caso de que unha palabra, locución ou expresión conte con dúas ou máis acepcións, numéranse con caracteres arábigos:

cachón s.m. 1. Gran cantidade de burbullas que se forma

Os verbos que rexen preposición, ben sexa sempre ou nalgunha das súas acepcións, inclúen esta preposición entre parénteses e en letra grosa antes da definición:

avogar v.i. (por) [Alguén] intervir ou manifestarse en de-

na superficie da auga ao ferver ou ao caer, por exemplo, nunha fervenza. Gustáballe ver o cachón do cadoiro. SIN. cachoeira, fervenza, gallarón, gallarope. Os cachóns levantaban o testo da ola. SIN. gallarón, gallarope. 2. Fervenza pequena. Só se sentía o ruído do cachón. SIN. cachoeira, pincheira. ♦ SIN. cachoada2, callón2. ▲ A cachón. loc. adv. 1. Formando cachóns ao ferver ou caer a auga. O pote fervía a cachón. SIN. a gallarón. 2. Moito e moi forte ao chover. Leva a tarde chovendo a cachón. SIN. a cántaros, a chuzos, a mares, a retortoiro, a xerros.

fensa de. Non necesita que avoguen por el, sabe defenderse só. Avogou pola constitución do partido rexionalista. SIN. interceder. CF. mediar.

doer v.i. 1. Causar dor física. Doeuche a inxección? 2. Causar dor moral. Dóeme o seu desprezo. Dóenlle moito os seus. 3. Sentir dor física na parte do corpo que se expresa. Dóeme a cabeza. // v.p. 4. (de) Manifestar dor mediante xestos, queixas, etc. Despois da caída doíase do lombo. 5. (de) Sentir dor, pena, tristeza, compaixón, etc., por algo ou alguén. Dóese moito dos fillos polos traballos que teñen que pasar. Dóese das miserias de todo o mundo. SIN. apiadarse, compadecerse, condoerse, considerarse. ANT. desapiadarse. OBS. Conxúgase segundo o modelo de moer.

As definicións das entradas e locucións ilústranse con exemplos que informan do uso ou poden completar nalgún caso a información da definición:

doutor -ora s. 1. Persoa que posúe o máis alto grao académico nunha determinada materia. Doutor en dereito. 2. Médico, aínda que non teña o grao de doutor en medicina. O doutor receitoulle un xarope para a tose.

electroimán s.m. Electr. Imán formado por un núcleo de ferro, rodeado dun fío polo que pasa unha corrente eléctrica que magnetiza o núcleo. Os electroimáns teñen moitas aplicacións, como por exemplo nos timbres eléctricos.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

No caso de verbos transitivos que tamén se utilizan como absolutos, aparece un exemplo deste uso a continuación da abreviatura ABS.:

contaminar v.t. 1. Transmitir a [algo ou alguén] xermes ou substancias prexudiciais e perigosas. O fume das fábricas e dos coches contén substancias que contaminan a atmosfera. Os restos desa industria contaminan a auga do río. ABS. Substancias que contaminan. 2. fig. Transmitir a [alguén] un mal, especialmente inmaterial. As desavinzas entre os dous países contaminaron unhas relacións, xa de por si difíciles. ABS. Modos de vida que contaminan. // v.p. 3. [Alguén, algo] adquirir xermes ou substancias prexudiciais e perigosas. A causa dunha explosión na fábrica contaminouse toda a comarca. 4. [Alguén] adquirir un mal, especialmente inmaterial. Se frecuenta ese grupo de amizades tan pouco recomendable, pode contaminarse.

Os sinónimos (SIN.), antónimos (ANT.) e palabras relacionadas semanticamente coa entrada (CF.) aparecen do seguinte xeito: -Despois de dous ou máis exemplos fan referencia a todos eles.

elevación s.f. 1. Acción e efecto de elevar ou elevarse. A

-Situados ao final do artigo e precedidos do símbolo ♦ son válidos para todas a acepcións:

abrollar v.i. 1. [Vexetal] botar gromos ou rebentos. Ao vir

-Se aparece ao final da fraseoloxía, indica que o sinónimo é substituíble pola entrada tamén nas frases feitas:

paporroibo s.m. Paxaro da familia dos muscicápidos (Eri-

elevación dun aeróstato. SIN. ascensión. Unha forte elevación dos prezos. SIN. aumento, subida. ANT. baixada. 2. Parte dunha cousa que, con respecto a outra ou outras, está máis elevada. Unha elevación do terreo. ANT. depresión.

a primavera abrollan as árbores. SIN. abotoar, abrochar2, agomar, agromar, xenar. 2. [Líquido] saír dun lugar, tal como a auga dun manancial, as bágoas dos ollos, o sangue dunha ferida, etc. Coa emoción abrolláronlle as lágrimas. Nalgún illó abrolla a auga todo o ano. SIN. manar, xurdir. CF. abullar. ♦ SIN. brotar.

thacus rubecula), de cor olivácea nas partes superiores, coa testa, as fazulas, a gorxa, o papo e o peito rubios e ventre abrancazado, que vive nos xardíns, soutos ou fragas con abondosa vexetación, onde se alimenta de pequenos invertebrados, bagas, etc. O primeiro que canta ao amañecer é o paporroibo. SIN. paifoco, pisco. ▲ Paporroibo real. Paxaro da familia dos frinxílidos (Pyrrhula pyrrhula), coa cabeza, gorxa, peteiro, ás e rabo negros, lombo gris, papo, fazulas e peito encarnados e rabadilla branca, o macho, e co lombo, peito e gorxa pardos a femia. O paporroibo real pode verse en parellas ou en pequenos grupos. ♦ SIN. paporrubio.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

A continuación dos sinónimos poden aparecer entre parénteses restricións á sinonimia referidas aos distintos rexistros de lingua:

achacar v.t. 1. Considerar algo ou a alguén como causante ou autor de [unha cousa negativa que se expresa]. Achacaron o accidente á falta de medidas de seguridade. Achácanche a avaría da máquina. 2. Sinalar a alguén como posuidor de [unha calidade negativa que se expresa]. Achacáronlle a súa falta de solidariedade. ♦ SIN. apoñer, apor, imputar (máis formal). CF. atribuír.

ornamento s.m. Aquilo que serve para adornar. Un retablo con pouco ornamento. SIN. ornato. Unha raiola facía brillar o ouro dos ornamentos. SIN. adobío, adorno (menos formais).

flebectasia s.f. Med. Dilatación dunha vea. Decidiron operalo porque tiña problemas de flebectasia. SIN. hedra (pop.), variz (menos formal).

Nalgunhas entradas inclúense observacións de tipo gramatical, ortográfico, semántico ou de uso: - Ao final do artigo e á parte, aféctanlle á entrada en todas as súas acepcións.

a2- pref. Elemento de orixe grega que entra na formación de palabras co significado de ‘negación’ ou ‘privación’. OBS. Adopta a forma an- cando a palabra á que se une comeza por vogal. Ex.: anestesia. Ex.: acéfalo.

absolver v.t. 1. Considerar e declarar [a alguén] libre dunha culpa, pena, obrigación, falta etc. Absolveron o reo por falta de probas. SIN. exculpar, perdoar. ANT. condenar. Absólvote de facer iso. 2. Catol. Declarar [a un penitente] perdoado dos seus pecados. Oíuno en confesión e absolveuno. OBS. Este verbo ten dous participios: absolvido e absolto.

- Despois dunha acepción só lle afectan a esta.

accesorio -a adx. 1. Que acompaña ou completa o principal. Dedícanse á agricultura e a outras actividades accesorias. CF. secundario. 2. Que non é necesario. Non o teñas en conta, foi un detalle accesorio. SIN. secundario. // s.m. 3. Peza que non forma parte dunha máquina, instrumento ou lugar no que se realiza unha actividade, pero que serve para completar o seu funcionamento. OBS. Adoita empregarse en plural. Foi mercar varios accesorios para a máquina de coser. Os accesorios do cuarto de baño. 4. Obxecto que completa a indumentaria masculina ou feminina. OBS. Adoita empregarse en plural. O ton azulado dos accesorios favorecíaa moito. SIN. complemento.

chistar v.i. Provocar atracción, agrado ou afecto. OBS. EmpréNon lle chistan nada os seriais da televisión. Aquel rapaz non che me chistaba moito. SIN. atraer (máis formal), chamar, gustar, tirar. ANT. deschistar. gase normalmente en frases negativas.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

climatoloxía s.f. Ciencia que estuda os diferentes climas da Terra e as súas manifestacións. OBS. O uso desta palabra co significado de clima é incorrecto. A informática é de grande axuda para a climatoloxía.

conmemoración s.f. 1. Cerimonia, festa destinada a lembrar certo acontecemento ou a honrar unha figura destacada. OBS. É pouco frecuente, con todo, referido a persoas. A conmemoración do Día das Letras Galegas. CF. festividade. 2. Acción e efecto de conmemorar. O Día da Muller Traballadora celébrase en conmemoración da morte das obreiras dunha fábrica de tecidos. CF. lembranza, memoria, recordo.

fardel s.m. Saco pequeno. OBS. É normal que se faga unha distinción de tamaño segundo o xénero, así o fardelo ou fardel é máis pequeno

Leva a fariña nun fardel. Gardou a comida nun fardeliño. CF. taleiga.

ca a fardela, aínda que nalgúns sitios pode ser ao contrario.

- Despois dalgún exemplo, matízase o que se expresa no exemplo.

madriña s.f. 1. Muller que presenta a quen recibe o sacramento da confirmación, do matrimonio, da orde ou, particularmente, do bautismo, así como a quen fai os votos de relixiosa. A madriña da voda foi unha amiga da noiva. Pola Pascua, miña madriña sempre me regala unha rosca. OBS. Cando non se especifica nada, refírese, como pode verse no exemplo, á madriña de bautismo. 2. ext. Tratamento que os netos lle dan á avoa, por ser tradición que esta fose a madriña do bautizo dos máis vellos. Madriña, e que nos vai traer da feira? 3. Muller que, mediante determinadas cerimonias, se converte en protectora de algo ou de alguén. Ao botar un barco, bautízano, e a madriña rompe contra o casco unha botella de champaña. A madriña do rexemento fíxolles entrega dunha bandeira.

O símbolo ▲ indica que a partir de aí comezan os fraseoloxismos:

obxección s.f. Aquilo que se opón a unha afirmación, opinión, etc., ou o que se alega para rexeitar unha demanda ou petición. Ofrecinme para o traballo, pero puxéronme a obxección da idade. CF. inconveniente, obstáculo, reparo. ▲ Obxección de conciencia. Oposición a cumprir certas obrigas que o Estado impón, por razóns morais ou relixiosas, especialmente o servizo militar. Alegou obxección de conciencia para non facer o servizo militar.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Os fraseoloxismos que teñen como base a palabra da entrada aparecen ao final do artigo precedidos do símbolo ▲ e ordenados alfabeticamente.

barba s.f. 1. Conxunto de pelos que nacen no queixo, queixadas e fazulas do home. Moitos homes deixan medrar a barba. 2. Conxunto destes pelos cando están medrados e se recortan de determinado xeito. Deixou barba. 3. ext. Guecho de pelo que teñen algúns animais no papo. As cabras teñen barba. SIN. beche, perilla. 4. Anat. Parte da cara que está entre a boca e o pescozo, especialmente a punta en que termina. Levei un golpe na barba. SIN. barbadela, barbarote, barbela, papo, queixo2, queixelo. 5. Cada un dos filamentos das plumas das aves. Mollou as barbas da pluma na tinta e manchou o papel. 6. Cada un dos filamentos que teñen certos peixes no bico. As barbadas e os barbos teñen barbas. 7. Cada unha das láminas córneas que teñen as baleas na boca, pendentes do veo do padal, que fan de criba para reter os pequenos animais presentes na auga. As barbas das baleas foron moi utilizadas na industria. SIN. balea1. 8. Conxunto dos filamentos da espiga do millo. OBS. Úsase tamén en plural. As barbas do millo, primeiro amarelas, tórnanse louras ao maduraren. SIN. barbela, barbuxa. // pl. 9. Desigualdades que presenta o bordo do papel sen guillotinar. É frecuente que os libros antigos non teñan as barbas recortadas. ▲ Barba cabreira. Bot. Planta da familia das compostas (Tragopogon porrifolius), de talo comprimido, follas longas e delgadas e flores de cor púrpura. A barba cabreira cultívase para aproveitar a súa raíz, que é de cor branca. / Barba cerrada. Barba mesta e forte. Con dezaoito anos xa tiña barba cerrada. SIN. barba pechada. / Barba florida. Barba branca. Aloumiñaba a barba florida. / Barba pechada. Barba cerrada. Home de barba pechada, gustáballe vestir con elegancia. / Barbas de raposo. Bot. Planta da familia das convolvuláceas (Cuscuta epithymum), de talos filiformes que forman unha masa de cor vermella acastañada e flores en glomérulos globosos, que vive nos toxos e xestas, aos que parasita. A xesta estaba inzada de barbas de raposo. SIN. gorga. / Facer a barba. Cortar ou amañar a barba. Gústalle ir ao barbeiro facer a barba. / Nas barbas (de alguén). col. Na súa presenza. Iso faino igual nas barbas de seus pais. / Por barba. Cada un, cada persoa. Tocamos a mil pesos por barba. SIN. por cabeza, por persoa. / Subírselle ás barbas a (alguén). Tratar sen respecto, desafiar. Non deixes que os rapaces se che suban ás barbas. / Verlle as barbas a (algo ou alguén). Presentarse diante de [algo ou alguén]. Tiveron que ir verlle as barbas á xustiza.

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

A barra simple (/) indica separación entre fraseoloxismos:

aparencia s.f. 1. Aspecto exterior dunha persoa ou cousa.

Nalgúns casos remítese desde outra entrada a aquela na que aparece tratada esta expresión:

galénico -a adx. Relativo ou pertencente ao médico grego

Dentro dun artigo, introdúcese precedido do símbolo ⇐ un sinónimo ou variante menos recomendable:

excomuñón s.f. Acción e efecto de excomungar, ou sanción

Se este símbolo aparece dentro dunha das acepcións, a indicación é válida para esa acepción e se aparece ao final do artigo, precedido do símbolo ♦, indica que se refire a todas as acepcións da palabra:

mallo s.m. 1. Instrumento agrícola usado para mallar1, que

Un rapaz de boa aparencia. SIN. presenza. A arte figurativa imita a aparencia dos obxectos. 2. Aquilo que parece real e non o é. As aparencias enganan. 3. Aquilo que nos leva a considerar de determinada maneira unha persoa ou cousa. Este asunto, a primeira vista, ten mala aparencia. SIN. traza2. Vive da aparencia. ▲ Gardar as aparencias. Ocultar o que pode prexudicar a reputación. O matrimonio seguía vivindo na mesma casa para gardar as aparencias. / Na aparencia. loc. adv. Segundo o que parece a primeira vista. Na aparencia todo funciona ben. SIN. aparentemente.

Galeno ou aos seus métodos e doutrinas. Perdéronse moitos dos escritos galénicos. Durante moitos séculos a medicina seguiu o sistema galénico. ▲ Farmacia galénica. V. farmacia. / Preparado galénico. V. preparado.

pola que unha persoa é excomungada. ⇐ excomunión. Ameazárono coa excomuñón. Lanzar unha excomuñón. CF. anatema.

consta de dúas pezas de pau, a mangueira e o pértego, unidas por unha correa, de modo que se agarra pola parte máis longa e se golpea coa outra. ⇐ mal4. O trigo mallábase cuns mallos de pau de carballo. 2. Martelo de madeira, que pode ser de diferentes tamaños e para diversos usos. Encaixaban a roda no eixe coa axuda dun mallo. Cun mallo, o oleiro golpeaba o barro para abrandalo. SIN. mazo, pisón. ♦ SIN. malle, manlle. ⇐ manle.