Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 1 de 27

1. O CENTRO DOCENTE

1.1. DATOS IDENTIFICATIVOS DO CENTRO NOME: I.E.S. de VILALONGA CÓDIGO: 36019256 TITULARIDADE: PÚBLICA: DOMICILIO: A SALGUEIRA Nº 40 – 36990 VILALONGA- SANXENXO (PONTEVEDRA) TELÉFONO: 986744953

FAX: 986743103

PÁXINA WEB: http://www.edu.xunta.es/centros/iesvilalonga/ CORREO ELECTRÓNICO: [email protected]

1.2. RESEÑA HISTÓRICA O Centro comezou a súa andadura o 13 de novembro de 1980 como un instituto de Formación Profesional. Máis tarde no ano 1982 creouse ao seu carón o Colexio Municipal Homologado de Bacharelato, que en 1985 se transformou no Instituto de Bacharelato. Finalmente no ano 1989 estes dous centros fundíronse nun só, o que actualmente é o I.E.S. de Vilalonga.

1.3. SITUACIÓN O I.E.S. de Vilalonga está emprazado nunha zona rural, no lugar de A Salgueira, parroquia de Vilalonga, concello de Sanxenxo (Pontevedra). As dúas actividades económicas máis influentes son a vitivinícola e a de servizos no turismo. A ligazón do alumnado a estas actividades inflúe, ao longo do curso e sobre todo na convocatoria extraordinaria de setembro, no rendemento académico do alumnado.

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 2 de 27

1.4. OFERTA EDUCATIVA 

Ensino Secundario Obrigatorio.



Bacharelato: o Científico-Tecnolóxico o Humanidades e Ciencias Sociais.



Ciclos formativos: o Grao Medio: 

Xestión Administrativa.



Electromecánica de Vehículos.

o Grao Superior:  

Administración e Finanzas.

PCPI: o Mantemento de Vehículos. o Servizos Administrativos.



Adultos: o Nivel II de Educación Secundaria de Adultos. o Oferta modular do Ciclo Medio de Xestión Administrativa.

1.5. COMUNIDADE EDUCATIVA Actualmente o número de alumnos e alumnas está en torno aos 650, cun claustro de 74 membros. Ademais contamos con tres conserxes, dous administrativos e catro limpadoras. O horario de funcionamento é de 08.30 horas a 14.10 horas e de 16.15 horas a 22.30 horas (os venres só pola mañá). 

Alumnado.

o Procedencia. Atopámonos con varios tipos de alumnos e alumnas. Por unha parte, o alumnado de 1º de ESO provén maioritariamente dos tres centros adscritos de Primaria, (Vilalonga, Nantes e Noalla). Nos restantes cursos de ESO ao alumnado do propio Centro súmase algún outro que cambia de Centro por distintos motivos. En 1º de Bacharelato a procedencia é

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 3 de 27

do noso Centro, do IES de Sanxenxo, do IES de Meaño e do centro concertado Abrente. En 2º de Bacharelato tamén se suman ao alumnado do Centro outros que cambian de Centro. No que respecta aos Ciclos Formativos, unha parte do alumnado é do propio Centro e o resto ten distinta orixe: Sanxenxo, Meaño, O Grove, Pontevedra.

o Perfil. Nesta zona o alumnado presenta unha dificultade, non particular deste centro, senón xeralizada, que é a falta de esforzo e de valoración do estudo. Esta dificultade faise máis patente na secundaria obrigatoria porque este alumnado amosa problemas de aprendizaxe por non ter desenvolvidas as habilidades necesarias para o estudo dado que lles custa traballo aprender e non están afeitos a esforzarse. No bacharelato e nos ciclos formativos aumenta a dificultade dos estudos e isto require unha maior dose de esforzo e traballo continuado e unha maior motivación persoal para o estudo. Xunto a todo isto aparecen, como en todos os centros, casos de indisciplina localizados en determinados alumnos e alumnas, e case exclusivamente nos primeiros cursos do ensino obrigatorio. 

Familias.

Podemos analizar varios aspectos. 1º. A pouca valoración do feito educativo e a importancia do diñeiro como meta social provocan unha escasa participación na vida do Centro, sendo isto unha queixa xeralizada, tanto do profesorado como dos propios representantes da ANPA. 2º. A relación, xeralmente correcta, co profesorado. 

Profesorado.

A análise deste sector debe realizarse dende diferentes perspectivas que pasan polas características do grupo, as súas relacións internas e as súas posicións ante a problemática educativa. O profesorado do centro

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 4 de 27

caracterízase por un alto grao de estabilidade, pois aproximadamente o 80% ten praza fixa no instituto. Isto é un factor positivo e tamén negativo: - Positivo: Unha maior posibilidade de continuidade e seguimento dos proxectos e do desenvolvemento curricular, que son máis difíciles de acadar cun persoal docente con destino provisional. - Negativo: Rutinas e hábitos establecidos que son difíciles de romper para implicar ao profesorado en novos proxectos de renovación e innovación educativa. 

Persoal de Administración e Servizos.

Está dividido en tres sectores pola súa actividade: persoal de administración, persoal de limpeza e conserxes. O seu papel é básico para a boa marcha do Centro, sinaladamente para as xestións do profesorado, alumnado e familias, xogando tamén un papel moi importante na imaxe que se ofrece cara ó exterior.

1.6. INSTALACIÓNS O Centro está formado por catro edificios:

Edificio nº I: Secretaría, Sala de profesores, despachos de Dirección e Orientación, cafetería, aula de idiomas, laboratorios de Ciencias, Física e Química, aulas de Plástica, Biblioteca, aula de convivencia, dúas aulas de Informática, unha aula con pantalla dixital e as aulas de ESO e PCPI.

Edificio nº II: aula de Música, salón de actos, dúas aulas de Tecnoloxía, unha aula con pantalla dixital, aula de Arte con pantalla dixital e as aulas de bacharelato, PCPI e Ciclos de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas.

Edificio nº III: talleres e as aulas do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos. Edificio nº IV: Ximnasio e almacén. Ademais utilízase o pavillón de deportes do Concello, situado nas inmediacións do Centro. No recinto escolar tamén hai dúas pistas polideportivas.

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 5 de 27

1.7. ESTRUCTURA ORGANIZATIVA 

Órganos de goberno.

- Unipersoais:

o Director/a, vicedirector/a, xefe/a de estudos de diúrno, xefe/a de estudos de adultos, secretario/a.

- Colexiados:

o Consello Escolar: formado por representantes de todos os sectores que conforman a comunidade educativa do centro (Profesorado, Pais/nais, Persoal de Administración e Servizos, Alumnado e Concello)

o Claustro de profesores. 

Órganos de coordinación docente.

- Departamentos didácticos.

- Comisión de coordinación pedagóxica composta polos xefes e xefas de departamento, profesor ou profesora de pedagoxía terapéutica, coordinador ou coordinadora do equipo de dinamización da lingua galega, responsable da biblioteca, coordinador ou coordinadora de FCT, director ou directora e xefes ou xefas de estudos. 

Asociacións.

-

Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as.

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 6 de 27

1.8. HORARIO DO CENTRO ESO: Polas mañás de luns a venres de 08:30 a 14:10 horas e a tarde do martes de 16:15 a 18:00 horas.

Bacharelato: Polas mañás de luns a venres de 08:30 a 14:10 horas e a tarde do martes de 16:15 a 18:00 horas.

PCPI: Polas mañás de luns a venres de 08:30 a 14:10 horas e a tarde do martes de 16:15 a 18:00 horas.

Ciclos Formativos: Polas mañás de luns a venres de 08:30 a 14:10 horas e polas tardes de luns a mércores de 16:15 a 18:00 horas.

ESA: Polas tardes de luns a xoves de 16:15 a 21:05 horas.

Oferta Modular de Ciclos Formativos: De luns a xoves de 20:00 a 22:30 horas.

Actividades de Reforzo: As tardes dos luns, mércores e xoves de 16:15 a 18:00 horas.

Actividades extraescolares: A tarde do xoves de 16:15 a 18:00 horas.

2. DECISIÓNS DE CARÁCTER XERAL SOBRE A METODOLOXÍA E A

SÚA

CONTRIBUCIÓN

Á

CONSECUCIÓN

DAS

COMPETENCIAS BÁSICAS. -

Partir dos coñecementos previos do alumnado e construír paulatinamente os novos contidos a través de actividades de adquisición, repaso e reforzo.

-

Relacionar os contidos curriculares coa vida cotiá próxima ao alumnado co obxectivo de crear interese e motivación.

Proxecto Educativo

-

IES de Vilalonga

Páxina 7 de 27

Desenvolver a reflexión e o espírito crítico para fomentar a capacidade de razoamento e as iniciativas persoais.

-

Crear un clima escolar de aceptación mutua e de cooperación.

-

Proporcionar

os

medios

necesarios

para

acadar

unha

atención

individualizada, desenvolvendo as medidas de reforzo, agrupamento e adaptacións curriculares que sexan precisas.

-

Diversificar os instrumentos de avaliación e potenciar o seu carácter formativo.

-

Promover a coordinación metodolóxica e didáctica dos equipos docentes.

-

Favorecer a reflexión e a intuición para conseguir que o alumnado teña unha iniciativa investigadora.

-

Potenciar a lectura e a busca de información e tratamento da información como fonte de coñecemento e entretemento.

-

Planificar as actividades complementarias e extraescolares para reforzar a aprendizaxe e a convivencia escolar.

-

Orientar ao alumnado para que teña un mellor coñecemento das súas posibilidades académicas e profesionais.

-

Fomentar habilidades no alumnado para que sexa capaz de continuar a aprendizaxe de forma autónoma.

Proxecto Educativo

3. ITINERARIOS

IES de Vilalonga

E

MATERIAS

OPTATIVAS

Páxina 8 de 27

EN

ESO

E

BACHARELATO Terceiro de ESO:

O alumnado de terceiro de ESO deberá elixir unha das seguintes materias optativas:

o Segunda Lingua Estranxeira Francés. o Cultura Clásica. o Obradoiro de iniciativas emprendedoras. o Iniciación á Xestión Administrativa.

Cuarto de ESO:

O alumnado de cuarto curso de ESO deberá elixir un dos seguintes itinerarios: 

Itinerario A o Bioloxía e Xeoloxía. o Física e Química. o Tecnoloxía. o Matemáticas B.



Itinerario B o Física e Química. o Tecnoloxía. o E. Plástica e Visual. o Matemáticas B.



Itinerario C o Latín. o Música. o E. Plástica e Visual. o Matemáticas A.

Proxecto Educativo



IES de Vilalonga

Páxina 9 de 27

Itinerario D o Bioloxía e Xeoloxía. o Música. o Segunda Lingua Estranxeira Francés ou Informática. o Matemáticas A ou Matemáticas B.

Ademáis, en cada itinerario, o alumnado ten que elixir unha optativa entre as seguintes: o Segunda Lingua Estranxeira Francés. o Cultura Clásica. o Obradoiro de iniciativas emprendedoras. o Iniciación á Mecánica. o Informática.

Con

respecto

as

optativas

Cultura

Clásica

e

Obradoiro

de

iniciativas

emprendedoras, cada unha delas soamente se pode cursar un ano (terceiro ou cuarto).

Primeiro de Bacharelato:

No Centro impártense dúas modalidades de bacharelato. O alumnado ten tres tipos de materias: comúns, modalidade e optativas. O reparto de materias de modalidade e optativas é o seguinte: 

Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía

Materias de Modalidade:

o Matemáticas I (obrigatoria)

Elixir dúas entre: o Bioloxía e Xeoloxía o Debuxo Técnico I o Física e Química o Tecnoloxía Industrial I

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Materia Optativa:

Elixir unha entre: o Antropoloxía. o Literaturas Hispánicas. o Música. o Segunda Lingua Estranxeira. o Tecnoloxías da Información e Comunicación. o Unha materia entre as da modalidade. 

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

Materias de Modalidade:

o Historia do Mundo Contemporáneo (obrigatoria).

Elixir dúas entre: o Economía. o Grego I. o Latín I. o Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I.

Materia Optativa:

Elixir unha entre: o Antropoloxía. o Literaturas Hispánicas. o Música. o Segunda Lingua Estranxeira. o Tecnoloxías da Información e Comunicación. o Unha materia entre as da modalidade.

Páxina 10 de 27

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 11 de 27

Segundo de Bacharelato:

No Centro impártense dúas modalidades de bacharelato. O alumnado ten tres tipos de materias: comúns, modalidade e optativas. O reparto de materias de modalidade e optativas é o seguinte: 

Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía

Materias de Modalidade:

o Matemáticas II (obrigatoria).

Elixir dúas entre: o Bioloxía. o Ciencias da Terra e Ambientais. o Debuxo Técnico II. o Electrotecnia. o Física. o Química. o Tecnoloxía Industrial II.

Materia Optativa:

Elixir unha entre: o Ética e Filosofía do Dereito. o Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía. o Literatura Galega do século XX e da actualidade. o Métodos Estatísticos e Numéricos. o Segunda Lingua Estranxeira. o Xeografía e Historia de Galicia. o Xeoloxía. o Unha materia entre as da modalidade.

Proxecto Educativo



IES de Vilalonga

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

Materias de Modalidade:

o Historia do Mundo Contemporáneo (obrigatoria).

Elixir dúas entre: o Economía da Empresa. o Grego II. o Latín II. o Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II. o Literatura Universal. o Historia da Arte. Materia Optativa:

Elixir unha entre: o Ética e Filosofía do Dereito. o Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía. o Literatura Galega do século XX e da actualidade. o Métodos Estatísticos e Numéricos. o Segunda Lingua Estranxeira. o Xeografía e Historia de Galicia. o Xeoloxía. o Unha materia entre as da modalidade.

Páxina 12 de 27

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 13 de 27

4. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE NA E.S.O. Todas as medidas de atención á diversidade establecidas polo centro están encamiñadas a que o alumnado acade as competencias básicas e os obxectivos xerais do curso ou etapa na que se atopen. No Centro contemplamos as seguintes medidas:

- Desdobramentos: 1h/semana na área de Ciencias da Natureza e nas materias de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía.

- Programa de Cualificación Profesional Inicial

Os programas de cualificación profesional inicial teñen como finalidade previr o abandono escolar antes da finalización da escolaridade obrigatoria e abrir novas expectativas de formación e de titulación. Os obxectivos dos programas son que o alumnado

consiga

competencias

profesionais

propias

dunha

cualificación

profesional de nivel 1 da estrutura do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, que teña a posibilidade dunha inserción sociolaboral satisfactoria e que amplíe as súas competencias básicas para proseguir estudos nas diferentes ensinanzas por medio da superación da proba de acceso a ciclos de grao medio, ou a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

- PROA (Programas de Reforzo, Orientación e Apoio)

O obxectivo básico e conseguir que disminúa o fracaso escolar. O I.E.S. de Vilalonga seleccionou as seguintes liñas de actuación para a participación no programa PROA: 

Atención directa ao alumnado. o Reforzo educativo complementario.

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 14 de 27

o Bibliotecas escolares. 

Intervención coas familias. o Colaboración entre as familias do alumnado e o centro educativo.



Relación co seu entorno. o Actividades extraescolares.

- Programas de reforzo para o alumnado con materias pendentes de cursos anteriores.

O alumnado que promocione de curso sen ter superadas todas as materias debe seguir un programa de reforzo para recuperalas e deberá superar a avaliación correspondente.

-

Integración do alumnado estranxeiro.

Para aquel alumnado que proveña doutro país e non teña dominio de ningunha das linguas oficiais da nosa Comunidade Autónoma, levarase a cabo un reforzo educativo en Lingua Castelá ou Galega. 

1º de ESO

- Reforzo educativo de Lingua Galega e Castelá.

O alumnado que presente claras dificultades continuadas no proceso de aprendizaxe, en particular na área de Lingua, poderá quedar exento de cursar a materia común de Segunda Lingua Estranxeira. Neste caso, recibirá un reforzo educativo naqueles aspectos nos que se detectasen dificultades, logo do informe pertinente da persoa titora da etapa anterior coa colaboración do Departamento de Orientación, no cal se fará explícito o motivo da medida adoptada.

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 15 de 27

- Desdobramentos.

Nos grupos de máis de 20 alumnos/as, de seren necesarios, realizaranse desdobramentos nas áreas de linguas e Matemáticas. 

2º de ESO

- Reforzo educativo de lingua.

O alumnado que en 1º de ESO tivera a exención de Segunda Lingua Estranxeira, poderá seguir exento de cursar esta materia e recibir reforzo educativo en lingua.

- Agrupamentos específicos. Consiste en facer desdobramentos transitorios por áreas. As áreas para desdobrar poderán ser: Lingua e Literatura Castelá, Matemáticas, Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais. O alumnado pertencerá para todos os efectos ao seu grupo ordinario de referencia. O número máximo de alumnos no agrupamento será de 15.



3º e 4º de ESO

- Diversificación curricular.

Con este programa quérese posibilitar que o alumnado poida acadar os obxectivos xerais da ESO e o título de Graduado en ESO, mediante unha metodoloxía e uns contidos axeitados ás súas características e necesidades. Os contidos, actividades e materias organízanse de forma diferente á establecida con carácter xeral, así como a metodoloxía, que será específica para este alumnado.

Ao final de cada curso académico a Xunta de Avaliación e o Departamento de Orientación farán conxuntamente unha proposta do alumnado candidato a entrar no curso seguinte nos programas de Agrupamento Específico de 2º de ESO e de Diversificación Curricular.

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 16 de 27

5. CRITERIOS XERAIS SOBRE A PROMOCIÓN E TITULACIÓN DO ALUMNADO DE ESO. Promoción. O alumnado promocionará ao curso seguinte cando supere os obxectivos de todas as materias cursadas ou teña avaliación negativa en dúas como máximo, e repetirá curso cando teña avaliación negativa en tres ou máis materias.

Titulación. Grupos ordinarios: O alumnado de 4º de ESO obterá o título se supera todas as materias. Así mesmo, poderá obter o título

aquel alumnado que, tras a avaliación extraordinaria de

setembro, teña avaliación negativa en unha ou dúas materias, sempre que non haxa abandono nalgunha delas.

Diversificación Curricular: O alumnado que curse programas de diversificación curricular en 4º de ESO obterá o título se supera todos os ámbitos e materias que integran o programa. Así mesmo, poderá obterá o título aquel alumnado que tras a avaliación extraordinaria de setembro e tendo superado os dous ámbitos, teña avaliación negativa en unha ou dúas materias, sempre que non haxa abandono nalgunha delas. Criterios para decidir que un alumno/a abandonou unha materia: Considerase que un alumno ou alumna abandona unha materia cando se dean algunha das seguintes circunstancias: 

Un número de faltas de asistencia sen xustificar superior ao dobre de clases semanais.



Non traer de forma reiterada o material necesario.



Non facer de maneira sistemática as tarefas encomendadas.

Proxecto Educativo



IES de Vilalonga

Páxina 17 de 27

Non presentarse, sen xustificación, a dúas probas parciais de

avaliación ou a unha proba de avaliación final (xuño ou setembro) ou facelo sen ningún interese.

O profesorado titor deberá comunicarlle a familia, previo informe do profesorado da materia, estas circunstancias en dúas ocasións indicándolle as consecuencias que o abandono da materia trae nas decisións de titulación. A Xunta de Avaliación será a encargada de tomar a decisión sobre o abandono dunha materia. Isto poderase facer nas sesións de avaliación ou nunha xuntanza extraordinaria convocada ao efecto.

O alumnado que teña abandono nunha materia, deberá obter na convocatoria extraordinaria de setembro unha cualificación maior ou igual a tres puntos para poder titular.

6. CRITERIOS XERAIS SOBRE A PROMOCIÓN E TITULACIÓN DO ALUMNADO DE ESA. Promoción.

O alumnado promocionará do módulo 3 ao módulo 4 do Nivel II de Educación de Adultos cando supere os obxectivos de todos os ámbitos cursados ou teña avaliación negativa nun dos ámbitos de coñecemento ou nas ensinanzas da oferta curricular propia do centro.

O alumnado que non promocione ao módulo 4 ou que promocione cun ámbito suspenso,

terá unha avaliación extraordinaria no mes de maio. Se tras esta

avaliación non supera os ámbitos pendentes poderá cursarlos no curso seguinte.

Titulación.

Serán propostos para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria, o alumnado que cumpran as seguintes condicións:

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 18 de 27

1.Ter en todos os ámbitos de coñecemento do módulo 3 e 4, cualificación positiva. 2.Ter un ámbito suspenso do módulo 4 ou nas ensinanzas da oferta curricular propia do centro, (na avaliación extraordinaria), cumprindo os requisitos de: • Acadar

globalmente

as

competencias

básicas

e

os

obxectivos

establecidos no ensino para persoas adultas. • Asistencia as clases, interese, bó comportamento, traballo diario, etc. • Non mostrar un reiterado abandono dalgunha materia do ámbito avaliado negativamente. • Acadar unha nota mínima de 3 no ámbito avaliado negativamente.

7. RECUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES O alumnado que promocione de curso sen ter superadas todas as materias debe seguir un programa de reforzo para recuperalas e deberá superar a avaliación correspondente.

1.

Na ESO cada departamento ofrecerá, sempre e cando haxa disposición

horaria, clases de recuperación durante todo o curso académico.

2.

Realizaranse, como mínimo, dous exames e, para o alumnado que o

precise, un exame final no mes de maio. Ademais haberá un exame extraordinario en Setembro.

3.

Os departamentos poderán establecer nas súas programacións didácticas

actividades complementarias que se poderán ter en conta no proceso de avaliación de materias pendentes, pero sempre se respectará o dereito do alumnado aos exames antes sinalados.

4.

O calendario de exames será establecido e comunicado pola Xefatura de

Estudos.

5.

No caso particular do alumnado de Diversificación Curricular, o profesorado

do curso realizará as actividades de reforzo e de apoio que lle permitan a recuperación das materias pendentes ao longo do desenvolvemento do programa,

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 19 de 27

sendo a avaliación competencia do profesorado que imparte clase nel, coa colaboración dos departamentos implicados.

6.

No caso particular do alumnado que entre no programa de Diversificación de

terceiro de ESO e teña pendentes as materias de Música ou Segunda Lingua Estranxeira, estes departamentos elaborarán as actividades correspondentes para a súa recuperación.

7.

A Xefatura de Departamento será a encargada de coordinar todo o proceso

de recuperación de pendentes do seu departamento didáctico, se ben poderá delegar nos restantes membros algunhas destas actividades. A Xefatura será en todo caso a responsable última de todos cantos aspectos se refiran ao proceso de recuperación de materias pendentes do seu departamento.

8. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES Ao comezo de cada curso escolar os departamentos entregarán á Vicedirección unha proposta de actividades extraescolares e complementarias previstas para ese curso. Nunha Comisión Pedagóxica convocada ao efecto estudaranse todas as propostas e decidirase que actividades se realizarán. Á hora de establecer as que se van levar a cabo farase un reparto o máis homoxéneo posible a fin de evitar unha gran disparidade entre os diferentes cursos, sobre todo na ESO. Establecerase un máximo de actividades para cada curso.

Cada proposta de actividade ten que ir acompañada dos seguintes apartados: 

Nome da actividade cunha descrición da mesma.



Alumnado ao que vai dirixida.



Data e temporalización prevista.



Profesorado acompañante.



Obxectivos que se pretenden acadar coa actividade.

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 20 de 27

Para poder desenvolver as actividades aprobadas, o departamento organizador deberá comunicar á Vicedirección, cunha antelación mínima de 15 días, a data definitiva da actividade, o seu horario e o profesorado acompañante.

Aspectos que hai que ter en conta na realización das actividades: 

As actividades serán propostas para todo o alumnado de cada nivel educativo.



As actividades que se leven a cabo no propio Centro son obrigatorias para todo o alumnado, que estará acompañado polo profesorado que teña clase a esas horas.



O profesorado organizador será o encargado de repartir e recoller as autorizacións necesarias para as saídas e o importe que tivera que abonar o alumnado.

 Cunha antelación mínima de tres días, para cada saída, será entregado na Vicedirección un listado e as autorizacións do alumnado participante.  Nas saídas o número de profesores acompañantes debe ser de un por cada vinte alumnos, cun mínimo sempre de dous profesores. 

O alumnado non poderá ir a unha actividade fóra do Centro se non conta coa autorización expresa e por escrito do seu pai/nai ou titor legal.



As actividades serán anunciadas nun lugar específico da sala de profesores e nas respectivas aulas.

9. ALUMNADO QUE NON OPTA POLA ENSINANZA DE RELIXIÓN. O alumnado que non opte pola ensinanza de Relixión será atendido por un profesor ou profesora. Segundo a normativa vixente non se poden impartir contidos curriculares durante estes períodos. O alumnado debe obedecer en todo momento as indicacións do profesorado asignado. No Centro contemplamos as seguintes actividades: 

Estudo e traballo con relación a actividades pendentes doutras materias.



Lectura.



Xogos educativos.



Proxección de películas e documentais con fins educativos.

Proxecto Educativo

10.

IES de Vilalonga

Páxina 21 de 27

AULA DE ATENCIÓN EDUCATIVA E CONVIVENCIA

A aula de atención educativa e convivencia está pensada para atender ao alumnado que, pola súa conduta disruptiva, impida o normal desenvolvemento do traballo do seu grupo. Nesta aula o alumnado, baixo a responsabilidade do profesorado de garda na dita aula, realizará tarefas específicas correspondentes á disciplina que se estea impartindo no curso.

A aula de convivencia permite controlar o comportamento do alumno ou alumna, que coa súa actitude está dificultando o desenvolvemento da clase, enviándoo a un lugar separado do resto dos seus compañeiros e compañeiras. Non se pode adoptar esta medida nos supostos de non facer os deberes, non traer material ou chegar tarde. O obxectivo é ensinar ao alumnado habilidades de control e resolución de conflictos.

Os pais, nais ou titores legais do alumnado enviado á aula de atención educativa e convivencia deberán ser informados, segundo o procedemento que se estableza pola xefatura de estudos.

Para atender esta aula, a xefatura de estudos establecerá gardas específicas nas que se implicará todo o profesorado do centro.

A principio de curso o profesorado titor, na hora de titoría, debe explicarlle ao alumnado do seu grupo as normas e regras básicas de convivencia no Centro e as consecuencias que pode producir non respectalas. O alumnado debe coñecer o funcionamento da aula de atención educativa e convivencia e saber cales son as conductas polas cales poden ser enviados e as consecuencias que esto pode conlevar.

Antes de enviar a un alumno ou alumna á aula de convivencia debe ser apartado, dentro da propia aula, para poder reverter a súa actitude. Non debe dárselle explicación nese momento se non simplemente apartalo. Despois dun

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 22 de 27

tempo, se o alumno ou alumna modifica o seu comportamento, poderá volver ao seu sitio e continuar coas tarefas co resto de compañeiros.

No caso de que o alumno ou alumna persista no seu mal comportamento, o profesor ou profesora enviarao á aula de atención educativa e cubrirá un parte indicando o motivo e as tarefas a realizar. A duración máxima na aula de convivencia será de 30 minutos, salvo para alumnado reincidente (tres envíos nun mes, seis nun trimestre ou dez acumulados ao longo do curso), que poderá estar todo o tempo que reste da sesión. Se un alumno ou alumna é enviado á aula de convivencia cando está rematando a clase, poderá completar o tempo restante na seguinte hora de clase desa materia. Na aula de convivencia haberá un libro para rexistrar todas as incidencias.

O alumnado non poderá ser derivado á aula de atención educativa e convivencia sen actividades ou tarefas para realizar durante a permanencia nela. Correspóndelle ao profesorado establecer as tarefas que se deban realizar, corrixilas e avalialas.

Ser enviado á aula de convivencia será considerado como falta de conducta e tratado segundo corresponda de acordo co Regulamento de Réxime Interior.

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 23 de 27

ANEXO I

PROXECTO TIC O profesorado do IES de Vilalonga é sabedor da importancia que a competencia dixital e o dominio das tecnoloxías da información teñen no mundo actual. Hoxe en día gran parte do coñecemento manéxase a través da tecnoloxía dixital e é de gran axuda para os cidadáns coñecer estes instrumentos para unha axeitada inserción social e no mundo do traballo.

Por outra parte, o uso educativo destas tecnoloxías abre novas posibilidades de aprendizaxe no ámbito do ensino pola súa versatilidade e pola capacidade de interconexión, pola facilidade de manexo e polo desenvolvemento constante de iniciativas didácticas cada vez máis precisas e especializadas. Así mesmo, o acceso á información que permiten estas tecnoloxías fai que o alumnado poida utilizalas para a súa aprendizaxe dunha maneira individualizada e flexible e superar limitacións que noutros tempos impedían o seu desenvolvemento persoal. O ensino tradicional precisa tamén destes instrumentos para facilitar a comprensión dos contidos e favorecer a igualdade de oportunidades e a compensación de certas desvantaxes que poidan existir no proceso de aprendizaxe, pois os aspectos visuais e interactivos destas ferramentas permiten o traballo individual e colectivo, fomentan a busca de información e a colaboración entre o alumnado, espertan o interese por aprender e favorecen a integración e a participación das familias na vida escolar.

Deste xeito, consciente dos valores positivos que se poden aproveitar como resultado da aplicación das TIC ao ámbito académico, o profesorado do IES de Vilalonga está decidido a levar a cabo a súa integración progresiva na actividade docente e divulgativa do Centro.

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 24 de 27

OBXECTIVOS XERAIS

Os obxectivos xerais que se pretenden acadar mediante o desenvolvemento deste proxecto son os seguintes: 

Ampliar e mellorar os contidos da web do Centro.



Establecer canles de difusión dos contidos e da utilidade da web do Centro para que sirva como un verdadeiro espazo de comunicación.



Empregar as TIC para a comunicación cos membros da comunidade educativa.



Utilizar as TIC e a web para os trámites administrativos.



Utilizar as TIC nas actividades de promoción do Centro: xornadas de acollida, presentacións a pais, etc.



Aplicación das TIC nas programacións dos departamentos didácticos.



Utilizar as TIC para o acceso do alumnado ao material didáctico complementario e de apoio.



Utilizar as TIC para a realización de actividades académicas ordinarias e de reforzo.



Empregar contornos e ferramentas informáticas para a elaboración de materiais didácticos interactivos.



Mellorar a proposta pedagóxica do profesorado e a súa práctica docente ao aproveitar as posibilidades das TIC.



Aplicar a utilidade da Internet no desenvolvemento profesional do profesorado e desenvolver actitudes de traballo en común.



Empregar ferramentas informáticas para o seguimento diario das programacións e dos datos do alumnado relativo a faltas de asistencia, actividades de aula, exames, etc.



Aproveitar os recursos TIC do Centro para formar nas novas tecnoloxías aos pais e ás nais.



Atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo utilizando para iso diversos programas existentes no mercado para o deseño e realización de actividades complementarias específicas ou de reforzo que van favorecer a adquisición de conceptos e capacidades a este alumnado.

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 25 de 27

RECURSOS RELACIONADOS COAS T.I.C. EXISTENTES.

Os recursos cos que conta o IES de Vilalonga para levar a cabo este proxecto son os seguintes:

-

Dúas aulas de idiomas, dotada con televisión, DVD, ordenador e proxector.

-

Catro aulas de informática dotada con proxector, ordenador para o profesor e ordenadores para 30 alumnos.

-

Tres aulas con encerado dixital.

-

Laboratorios dotados de ordenadores e proxectores.

-

Biblioteca dotada con ordenadores.

-

Aula de Arte equipada con televisión, DVD, ordenador, proxector e encerado dixital.

-

Aula de música.

-

Dúas aulas de Tecnoloxía equipadas con ordenador e proxector.

-

Salón de Actos equipado con ordenador, proxector e pantalla.

-

Aulas taller de automoción dotadas con ordenadores.

-

Aulas dos Ciclos da familia de Administración dotadas con ordenadores.

-

Sala de profesores con ordenadores.

-

Ademais todas as aulas teñen conexión a Internet e pódense utilizar ordenadores e proxectores portátiles.

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 26 de 27

ANEXO II

PLAN DE CONVIVENCIA Obxectivos

A finalidade do Plan de Convivencia é favorecer propostas educativas que axuden a conseguir a formación no respecto aos demais. É necesaria a implicación dos distintos sectores da comunidade educativa para abordar de forma colectiva a prevención e a resolución dos conflictos para acadar un adecuado clima

de

convivencia no Centro.

Situación de partida

Realizouse unha enquisa dirixida aos diversos sectores da comunidade escolar (familias, profesorado e alumnado) para coñecer a opinión sobre a convivencia escolar no centro.

Se ben a valoración global manifestada é positiva, apréciase unha concentración de conflictos sobre todo nas relacións entre o alumnado, destacando como máis frecuentes a agresividade verbal entre eles, as conductas disruptivas que entorpecen as clases e a indisciplina en xeral.

Medidas a tomar

Para mellorar a convivencia considéranse útiles as seguintes iniciativas: - Unificar criterios de actuación entre o profesorado - Mellorar a coordinación entre o profesorado, o alumnado e as familias - Facer grupos de mediación e de resolución de conflictos - Mellorar o clima escolar creando espazos máis habitables e unha atmosfera máis ordenada e tranquila - Buscar unha maior concienciación e compromiso familiares. - Favorecer a incorporación do alumnado e das familias ao Centro a través do Plan de Acollida.

Proxecto Educativo

IES de Vilalonga

Páxina 27 de 27

Observatorio da convivencia escolar do Centro:

É un órgano colexiado para reflexionar e investigar o estado da convivencia no Centro e deseñar estratexias que se deberán adoptar para o fomento da cultura de paz e para mellorar a convivencia escolar.

Composición:

Este órgano debe estar integrado por:

O Director ou Directora do Centro, que será quen o presida. O Xefe ou Xefa de Estudos. Catro representantes do profesorado. O Orientador ou Orientadora do Centro Un ou unha representante do alumnado. Un ou unha representante das familias. Un ou unha representante do persoal non docente Os titores ou titoras relacionados co tema a tratar en cada sesión.

Funcións:

Dinamizar o Plan de Convivencia do Centro. Elaborar un informe anual sobre a convivencia. Informar ao Consello Escolar. Coordinar as actuacións conxuntas dos ámbitos relacionados coa mellora do clima de convivencia. Analizar a normativa da convivencia do Centro e facer un diagnóstico da mesma e implementar os procesos de mellora. Recoller inquietudes, suxerencias e propostas (de todos os estamentos) para a mellora das relacións e a consecución dunha convivencia saudable. Propor protocolos de actuación ante as necesidades e conflitos da vida cotiá.